Site icon Crónica3.com A Mariña

Finou o veterano deportista do club Egovarros Julián Bernal aos 91 anos de idade

VIVEIRO .- O veterano deprotista do club Egovarros, Julián Bernal faleceu 91 anos de idade. Julián Bernal disputou fai 10 días na Coruña a súa  última carreira co club Egovarros.

Nota de Prensa

A ÁREA DE DEPORTES DA DEPUTACIÓN LAMENTA O FALECEMENTO DO VETERANO DEPORTISTA AFINCADO NA MARIÑA, JULIÁN BERNAL

Aos seus 91 anos, Julián Bernal faleceu só  10 días despois de disputar a súa  última carreira, deixando tras de si a lembranza dunha vida exemplar entregada ao deporte

LUGO, 16 de marzo de 2010. A Área de Cultura e Deportes da Deputación, unha vez que se tivo coñecemento do falecemento do veterano deportista do club mariñao do Egovarros, Julián Bernal, aos 91 anos, quere trasladar á súa familia, amigos e achegados o seu lamento por esta triste e lutuosa noticia.

Aos seus 91 anos, Julián Bernal remata a carreira máis longa que disputou nunca, a da súa vida, deixando para todas as persoas que puideron compartir con el kilómetros de carreiras populares das que era un asiduo, e tamén a todas aquelas que desde fóra admiraban cada proeza que día a día superaba coa súa paixón, a lembranza dunha vida exemplar entregada ao deporte.

Neste sentido, a Área de Cultura e Deporte da Deputación de Lugo sempre foi consciente da magnitude dos éxitos que Bernal ía colleitando proba tras proba, atopando unicamente os límites da súa forza agora, aos 91 anos. Así, Bernal foi, con todo merecemento, homenaxeado en diferentes ocasións xunto a compañeiros seus do Egovarros de Viveiro pola Deputación de Lugo, que valorou o esforzo e motivación deste deportista mariñao de adopción, quen co seu exemplo e motivación deixou para todos os deportistas populares unha lembranza inesgotable, coma a súa enerxía, ao paso dos anos.

Exit mobile version