Site icon Crónica3.com A Mariña

Homenaxe do Concello de Xove ao xogador de fútbol sala David Rouco Pernas

David Rouco Pernas, xovense que o pasado 14 de febreiro, en Santiago de Compostela, se proclamou, xunto cos seus compañeiros da selección galega de fútbol sala, campión de España de fútbol sala sub 20, vai recibir unha homenaxe do Concello de Xove. Será o mércores, 10 de marzo, ás 13:00 horas, no salón de plenos nun acto presidido polo alcalde, Demetrio Salgueiro, acompañado por outros membros da corporación

Exit mobile version