Site icon Crónica3.com A Mariña

No último mes concedéronse seis licencias para apertura de novos negocios en Burela

BURELA (FNC) .- O Concello concedeu no último mes seis licencias de apertura de novos negocios en Burela, algo que supón un importante movemento na economía e no emprego, segundo o alcalde.

Alfredo Llano sinalou que “en Burela este mes otorgamos seis licencias de apertura de negocios e establecementos, o que é unha boa noticia, porque significa que a xente está motivada para encarar o futuro, darse oportunidades e tratar de mover a economía e o emprego; e iso sempre é moi positivo para o noso concello”.

O rexedor explicou que “demos licencia para unha clínica de fisioterapia, un comercio de mobles, outro de consumibles informáticos e material de oficina, dúas tendas de roupa e un establecemento para a venta de aparatos de aire acondicionado. Esto quere decir que hai bastante diversidade na oferta comercial e significa que hai moita xente interesada en tratar de poñer en marcha en Burela o seu comercio e a súa oportunidade económica”.

Llano suliñou que “nós imos apoiar totalmente estas iniciativas, porque estamos pola labor de que se abran establecementos en Burela, que sempre van significar unha mellora sustancial en tódolos aspectos, tanto para o noso concello como para a comarca”.

Exit mobile version