Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG demanda ao PP que aclare si está no goberno ou aínda segue na oposición

NOTA DE PRENSA
O BNG demanda ao PP que aclare si está no goberno ou aínda segue na oposición

Os nacionalistas valorarán a iniciativa de apoio ao Camiño do Mar cando a coñezan, mentres tanto pídenlle ao PP que a execute como goberno e deixe de facer demagoxia

A Mariña, 4 de marzo de 2010. O portavoz e Responsábel Comarcal nacionalista, Antonio Veiga, pediu aos representantes populares na Mariña que deixen a demagoxia e se dediquen a gobernar que para iso os puxeron os cidadáns no goberno. Para Veiga as iniciativas que adoitan presentar os populares non son propias do grupo que ten a responsabilidade de sustentar o goberno na Xunta, xa que se iso e así o que lles toca e exercer de goberno e non seguir facendo as veces de oposición.

Os nacionalistas valorarán a iniciativa do PP cando a coñezan pero matizaron que o apoio ao Camiño do Mar non require pasear as mocións polos concellos da comarca.

Antonio Veiga, dixo descoñecer a proposta popular que valorará cando saiba o seu contido, en calquera quixo aclarar que para dar un apoio decidido a este camiño e á súa oficialización non sería necesario presentar mocións en tódolos concellos afectados xa que estamos diante dunha redundancia para dilatar no tempo esta resolución. “O nacionalista cuestionou o proceder de Enma Alvarez Chao e José Manuel Balseiro que se dedican a facer demagoxia paseando iniciativas da Mariña a Santiago e de Santiago á Mariña sen mais resultado que o autobombo e a propaganda”. “Veiga incidiu no oportunismo político do PP que lonxe de exercer as súas responsabilidades de goberno cun apoio decidido a este camiño, aproveita a celebración do congreso de Casas de Turismo Rural para facer anuncios para a galería”

Ou o PP non caeu na conta de que está no goberno ou Balseiro e Chao aínda non se decataron

O Portavoz Comarcal nacionalista, pediulle a Balseiro que se aclare, xa que nunhas ocasións exerce como delegado oficioso do goberno na Mariña e noutras aínda pensa que está na oposición”. O nacionalista, sen menosprezar a necesidade dun impulso ao Camiño do Mar, lembrou os moitos compromisos adquiridos polo Sr. Balseiro en tempos pasados, entre os que lembrou un Plan de Emprego na comarca, a ampliación do Hospital da Costa ou o impulso ás infraestruturas de comunicación, actuacións todas nuns casos desaparecidas e noutros retrasadas de xeito vergoñento como sucede coa VAC Sn Cibrao-Ferrol.

Os nacionalistas pregúntanse si estas propostas do PP non veñen a tapar a vergoña do abandono do Xacobeo a esta comarca en materia cultural.

Veiga quixo comparar a multitude de actos organizados con cargo á Fundación Xacobeo durante o goberno anterior, o nacionalista dixo que nestes momentos non se coñece ningunha actividade cultural a executar nesta comarca co apoio desta fundación, nunha parálise que contrasta coa multitude de actos organizados durante os últimos anos mentres o BNG exercía a súas responsabilidades nesta fundación.

Exit mobile version