Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG invita a algún representante do goberno de Cervo a debater sobre a afectación do POL na Venta, Gondrás e O Guioncho

Nota de Prensa

O BNG INVITA A ALGÚN REPRESENTANTE DO GOBERNO MUNICIPAL  A DEBATER  SOBRE A AFECTACIÓN DA VENTA, GONDRÁS E O GUIONCHO SOBRE A AFECTACIÓN DO PLAN DE ORDENACIÓN DO LITORAL

Os nacionalistas acusaron ao PP de deixar indefensos aos veciños ao non asumir os efectos demoledores que este documento ten sobre o desenvolvemento urbanístico do concello

Da a sensación de que o goberno local nin se preocupou de mirar os planos

Cervo, 4 de marzo de 2010. O BNG convidou a algún representante do grupo de goberno de Cervo a acudir ao acto que o BNG ten convocado para mañá no Local Social da Venta para explicar a afectación do Plan de Ordenación do Litoral(POL), nos núcleos de Gondrás, A Venta e O Guioncho. Os nacionalistas lamentaron a falta de argumentos do PP, que negan os efectos que o POL terá sobre o desenvolvemento urbanístico do concello sen explicar aos veciños nada e polo que se ve, sen mirar sequera os planos, aventúranse a torpedear os actos que o BNG en solitario está facendo nas  zonas afectadas.

Si o PP está  tan convencido de que o POL non afecta en Gondrás, A Venta e O Guioncho que veña e se explique.

Os nacionalistas convidaron a algún representante do grupo de goberno a que acuda ao acto convocado na Venta e debatan co BNG en presenza dos veciños si a Venta, Gondrás e Leiro están ou non afectados polo POL, o portavoz municipal, Xoán Estúa, “recomendou aos membros do grupo de goberno que se estuden ben a lección xa que polo que se ve nin sequera miraron os planos”. “O nacionalista insistiu en que nestes tres núcleos hai 24 vivendas que figuran no POL como Nova Agrupación e outra no Guioncho está afectada pola zona de protección de ríos e queda fora de ordenación”.

O PP co POL a conta de seguir as directrices do partido deixa na indefensión aos veciños afectados

O Partido Popular intenta que as directrices fixadas polo POL pasen desapercibidas pola cidadanía, para iso nuns casos non informan e noutros desinforman, como fai o goberno municipal de Cervo que bota man de argumentario e esquece as súas obrigas na defensa dos intereses municipais. Para Estúa “a documentación contida no POL aínda que farragosa e enganosa e moi clara, como así tamén o confirmaron técnicos especializados en urbanismo, no caso de Gondrás, A Venta e O Guioncho e evidente con só ir á planimetría que os redactores do POL colocan a estes núcleos como Novas Agrupacións, cando non o son, e o modelo de xestión e a normativa fixa directrices para estes casos que limitarán no PXOM o seu futuro desenvolvemento urbanístico, por moito que o Partido Popular queira pechar os ollos”

O PP tivo a oportunidade de constituír unha comisión de avaliación do POL e non quixo

Estúa lembrou que na sesión plenaria celebrada o pasado 19 de febreiro o BNG presentou unha moción instando a constituír unha Comisión de Avaliación do POL para emitir nesta fase do documento as suxerencias correspondentes á que se negou o Partido Popular, para o portavoz municipal nacionalista “os populares erran na súa estratexia aceptando unhas directrices de ordenación do litoral que fixan un ordenamento contrario á realidade galega e neste caso de Gondrás, A Venta e O Guioncho, ao pretender converter nunha anormalidade núcleos que levan mais de 200 anos existindo e aos que agora se lles pretende cortar o seu desenvolvemento”

Por último Estúa negou que esteamos diante dun borrador, trátase dun documento  que a Xunta ten intención de aprobar inicialmente no mes de abril e definitivamente en decembro, un prazo que o BNG entende excesivamente corto si o que se quere e fomentar a participación social e institucional na súa redacción definitiva, “unha participación que o PP semella querer negar impedindo a constitución de comisións de avaliación ou torpedeando os actos informativos que o BNG en solitario está facendo nos núcleos afectados”, rematou Estúa.

Exit mobile version