Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo e a Consellería de Medio Ambiente colaborarán na limpeza e roza en pistas e camiños

CERVO .- O Concello de Cervo formalizou un convenio de colaboración coa Consellería do Medio Rural para a limpeza e roza en pistas e camiños das parroquias de Lieiro, Castelo, Cervo, Sargadelos, Vilastrofe e Rúa.

NOTA DE PRENSA

As tarefas subscríbense dentro do convenio firmado entre o Concello de Cervo e a Consellería do medio Rural

O CONCELLO FARÁ  TRABALLOS DE PREVENCIÓN DE INCENDIOS EN 80 HECTÁREAS DE PISTAS FORESTAIS

* Acometeranse a limpeza e roza en pistas e camiños das parroquias de Lieiro, Castelo, Cervo, Sargadelos, Vilastrofe e Rúa

* Para elo, o departamento autonómico que dirixe Samuel Juárez achegará  ao Concello 10.478  euros

Cervo, 4 de marzo de 2010.- O Concello de Cervo ven de formalizar un convenio de colaboración coa Consellería do Medio Rural para actuar, mediante tarefas preventivas, sobre as causas dos incendios forestais no termo municipal co obxecto de evitalos, ou en todo caso, minorar as súas consecuencias.

Segundo indicou o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, este acordo posibilitará a realización de traballos de limpeza en 80,6 hectáreas de pistas, vías, camiños e outras superficies forestais nas parroquias de Lieiro, Castelo, Cervo, Sargadelos, Vilastrofe e Rúa. Para elo, o departamento autonómico que dirixe Samuel Juárez achegará ao Concello 10.478  euros (130 euros por cada hectárea rozada destas pistas forestais e rurais).

O alcalde cervense valorou moi positivamente a realización destes traballos traballos de limpeza e desbroce, os cales segundo Villares, perseguen dous obxectivos primordiales: “o incremento da visibilidade para os condutores e a prevención dos incendios forestais, un perigo que a pesares de non existir actualmente pola gran cantidade de choivas deste inverno, si é necesario afrontar con garantías cando chegue o verán” sinalou.

Este é o segundo ano que o Concello de Cervo subscribe este convenio de colaboración coa Consellería de Medio Rural. No pasado ano tamén se desenvolveron estes traballos nunha superficie semellante de pistas e camiños do termo municipal.

Cumpre lembrar tamén que a este acordo entre o Concello de Cervo e Medio Rural hai que sumarlle tamén o convenio firmado hai agora un mes con esta mesma Consellería para desenvolver traballos de acondicionamento en sete pistas rurais do termo municipal. “Pensamos, en definitiva, que estas dúas actuacións, xunto con outras que podamos xestionar en materia de infraestruturas rurais, contribuirán a dignificar e mellorar a calidade de vida dos veciños que residen nestas zonas, e como non, desexamos tamén que axuden a evitar a incidencia de posibles incendios no noso concello” salientou o alcalde.

Exit mobile version