Site icon Crónica3.com A Mariña

O goberno de Cervo asegura que o Guioncho, Godrás e A Venta non están afectados polo POL

CERVO .- Os integrantes do Grupo de Goberno local do Concello de Cervo aseguraron hoxe que os núcleos do Guioncho, Gondrás e A Venta non están afectados polo borrador do Plan de Ordenación do Litoral (POL). Os responsables municipais desmenten así as afirmacións do voceiro do BNG na corporación, Xoán Estúa, nas que aseguraba que estes núcleos estaban considerados no POL como novas agrupacións.

“É algo moi sinxelo de entender: Nin A Venta, nin Gondrás nin O Guioncho están incluídos no POL. Gustaríanos saber se o voceiro do BNG se basea nos seus coñecementos en materia urbanística para facer esas afirmacións ou si está asesorado por algún iluminado, pero o certo é que ultimamente as súas declaracións públicas sobre temas urbanísticos son máis propias dun axitador de masas que dun representante político serio e rigoroso” aseguraron dende as filas do Goberno municipal.

Os representantes locais quixeron así tranquilizar á cidadanía destes núcleos e amosaron a súa preocupación pola posibilidade de que os actos públicos convocados polos nacionalistas para falar do POL “non sirvan máis que para desinformar, alarmar e confundir á xente co único obxectivo de rendibilizar esa política do medo que habitualmente practican e que tan afeitos están a facer”.

“Non sabemos o que teñen pensado dicirlles nestas xuntanzas aos veciños, nin se o que lles van a dicir o fan de xeito involuntario ou deliberado. O que si temos claro é que sería unha irresponsabilidade pola súa parte si a súa mensaxe é a mesma que a dada nos medios de comunicación, xa que ningún destes núcleos de poboación figura no Plan de Ordenación do Litoral. Así o confirmaron os técnicos do servizo municipal de Urbanismo. Por iso, non acabamos de chegar a comprender si estes ” recalcan.

Os integrantes do grupo de Goberno local lembráronlle ao representante do BNG en Cervo que o contido actual do POL “non é máis” que un primeiro borrador que está en fase de suxestións dos Concellos. “Aínda falta que se redacte o plan inicial, o cal tamén terá o seu correspondente prazo de alegacións e polo tanto aínda é susceptible de moitas modificacións. Isto debería sabelo o representante do BNG, pero en vista das súas declaracións nunca está de máis que llo recordemos, máis que nada para que non ande alarmando á xente sen necesidade” ironizaron.

Exit mobile version