Site icon Crónica3.com A Mariña

O Observatorio da Mariña celebra “dous anos mirando pola igualdade”

FOZ .- Coincidindo coa celebración do 8 marzo, o Observatorio da Mariña pola Igualdade cumpre dous anos de andaina feminista. Para elo, terá lugar unha asemblea xeral de socios/as na que se fará un balance da situación actual da Asociación e se presentará a memoria 2008-2010 que se entregará, en forma de libriño, aos socios/as. Tamén se realizará un balance dos gastos e se tratarán as actividades propostas para o 2010 así como o presuposto. Ao finalizar o acto haberá unha cea de celebración no restaurante “A Maseira”. As persoas socias pagarán 10 euros e as non socias 15.

Durante estes dous anos o Observatorio celebrou máis de vinte actividades, entre campañas informativas, charlas-café, obradoiros, videoforum, talleres, cursos, etc. Así mesmo, en agosto do ano pasado levou a cabo unha campaña de afiliación e agora mesmo conta con arredor dun centenar de socios e socias. O obxectivo para o ano 2010 é seguir traballando pola igualdade de xénero na Mariña de Lugo e continuar realizando actividades destinadas ás mulleres mariñás.

A cea terá lugar ás 22.00h no restaurante A Maseira, Foz, o próximo venres día 5 de marzo. Anteriormente celebrarase unha Asemblea Xeral dirixida a socios/as na Casa do Mar de Foz.

Exit mobile version