Site icon Crónica3.com A Mariña

O Parlamento aproba unha iniciativa do PP para que a Xunta favoreza as cooperativas agrogandeiras

NOTA DE PRENSA:
Esto se produciría mediante fusións ou integracións de proxectos ademas de respaldar e favorecer a integración de proxectos cooperativos sempre e cando se demostre a viabilidade e eficiencia dos resultantes

O PARLAMENTO APROBA, A INICIATIVA DO PPDEG, QUE A XUNTA

FAVOREZA MEDIDAS PARA ACADAR O REDIMENSIONAMENTO, A COMPETIVIDADE E A DIVERSIFICACIÓN DAS COOPERATIVAS AGROGANDEIRAS GALEGAS

* A deputada popular Emma Álvarez destacou que as cooperativas agrarias representan mais do 27% do total das activas en Galicia, facturando mais de 12.000 millóns de euros e superando os 45 mil socios

* Para o PPdeG é moi importante o apoio ao sector dados os importantes cambios estratéxicos que lle afectan actualmente: concentración da distribución e empresarial, impacto das novas tecnoloxías, deslocalización e potentes competidores emerxentes

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2010.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, na sesión celebrada na Comisión de Agricultura, unha iniciativa do PPdeG encamiñada a que a Xunta inicie cantas medidas sexan necesarias para acadar o redimensionamento, a competitividade e a diversificación das cooperativas agrogandeiras galegas mediante fusións ou integracións de proxectos. A Proposición non de Lei popular tamén recolle a esixencia á Xunta de Galicia de respaldar e favorecer a integración de proxectos cooperativos sempre e cando se demostre a viabilidade e eficiencia dos proxectos resultantes.

A deputada popular Emma Álvarez, autora da iniciativa, expresou que existen determinadas circunstancias que caracterizan ao sector alimentario con indubidable influencia no comportamento e proxección do cooperativismo agrario. Así se referiu aos importantes cambios de carácter estratéxico como o crecente proceso de concentración da distribución, a concentración empresarial e o impacto das novas tecnoloxías da información. Deste xeito a iniciativa tamén inclúe prestar o apoio técnico específico para o asesoramento en procesos de integración ou fusión cooperativa. Tamén nomeou o proceso de globalización e deslocalización de producións e abastecementos, ademais do extraordinario desenvolvemento de potentes competidores emerxentes e sectoriais especializados.

Polo tanto, Emma Álvarez fixo referencia a que o pequeno tamaño dalgunha cooperativa agraria condiciona a súa inserción no mercado, tendo en conta que a media de traballadores cooperativas agrogandeiras é de 5,7 e tan só 40 cooperativas teñen mais de 5 traballadores e a media de socios é de 176 pero só 53 teñen mais de 100 socios. Para a deputada popular son necesarios para moitas delas procesos de cooperación ou integración de proxectos cooperativos para mellorar a súa dimensión económica e social.

A deputada popular destacou na súa intervención a relevancia das cooperativas agrarias galegas, que representan mais do 27% do total de cooperativas activas de Galicia facturando mais de 12.200 millóns de euros e superando os 45 mil socios. Destacou que na maioría dos subsectores se están a producir procesos de integración, en especial no sector de carne de vacún, no de suministros e no vitivinícola polo que o PPdeG aposta porque a competitividade das cooperativas pase pola fusión ou integración de proxectos similares.

Exit mobile version