Site icon Crónica3.com A Mariña

O pleno da Deputación tratou unha moción do PP sobre o IVE

Nota de Prensa

O PSOE e o BNG apoian na Deputación a suba do IVE proxectada polo Goberno de Zapatero

* Os populares acusan ós nacionalistas de empregar un discurso distinto en función da cámara de representantes na que se atopen

Lugo, a 30 de marzo de 2010.- O PSOE e BNG apoian a suba do Imposto de Valor Engadido (IVE) prevista polo Goberno que preside Rodríguez Zapatero e que suporá un desembolso medio anual de 240 euros por familia. Así o puxeron de manifesto hoxe durante o pleno celebrado na Deputación durante o debate dunha moción presentada polo Grupo provincial do Partido Popular na que se plantexaba instar ó Goberno central a que efectúe varias modificacións na súa política fiscal con respecto a este imposto.

Os populares acusan ademais o BNG de empregar un discurso distinto en función do lugar no que se atopen. Lembran neste senso que os representantes desta formación política na cámara alta apoiaron unha proposta presentado polo Partido Popular en “idénticos termos á abordada hoxe no pleno da corporación provincial”. Un proceder que, ó entender do GPPP, pon en entredito a súa credibilidade e deixa patente a falla dun discurso único e coherente entre as súas filas.

Exit mobile version