Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Cervo pediu no pleno que “permaneza a actividade na lonxa de San Cibrao”

Nota de Prensa

O GMS PIDE ANTE O PLENO DE CERVO QUE PERMANEZA A ACTIVIDADE NA LONXA DE SAN CIPRIÁN
O SECTOR PESQUEIRO E VECIÑOS, DESOLADOS ANTE OS RUMORES QUE APUNTAN Á PERDA DA ACTIVIDADE NA INSTALACIÓN DO PORTO

CERVO, 26 DE MARZO. O GMS de Cervo pediu ao equipo de goberno durante o trascurso do Pleno celebrado na tarde do xoves, que se fagan as xestións necesarias para que se manteña a actividade na lonxa de San Ciprián. Aínda que a empresa que xestiona a actividade é unha sociedade privada, o GMS entende que os representantes municipais poden solicitar unha reunión cos representantes de dita sociedade e poñer enriba da mesa os motivos que xeneran ista decisión e intentar acadar unha posible solución para evitar a súa desaparición.

A lonxa de san Ciprián é  un referente na Mariña Lucense, e ademais de dar un servizo ao sector pesqueiro, é un atractivo mais para Cervo, e especialmente para o pobo de San Ciprián, cuios veciños acuden de forma regular a presenciar o procedemento das vendas; ista actividade é tamén especialmente atractiva para os turistas que visitan o Concello nos meses de verán.

O PP de Cervo, a favor da eliminación do Servizo Galego de Igualdade

No pleno, o PP rexeitou debatir unha moción do GMS para evitar a eliminación por parte da Xunta de Galicia do SGI e no seu lugar adicouse a presentar unha enmenda que desvirtuaba totalmente a finalidade da proposta Socialista. O GMS entende que é un disparate e unha frivolidade xustificar a desaparición dun organismo autónomo (creado polo PP), polo simple feito de que o Bipartito o mantivera e potenciara. Ao desaparecer o SGI, desaparece o consello rector do mesmo que é unha garantía de autonomía para a transversalidade da política de igualdade a través das distintas consellerias.

Creación do rexistro municipal de demandantes de vivenda protexida

O GMS despois das conversas mantidas o pasado luns co director xeral del IGVS, decideu solicitar tamén ao alcalde de Cervo a creación dun rexistro municipal de demandantes de vivenda protexida.

Os socialistas decidimos elevar ao pleno ista proposta, despois de coñecer os novos requisitos que propón o IGVS para dar prioridad aos concellos onde se realizarán novas promocións. Con ista medida, o GMS quere frear a sangría de rapaces e familias que agobiadas polo prezo da vivenda no concello decide comprar en concellos veciños, mermando as expectativas de crecimento de Cervo.

Descualificacións persoais

O GMS quere mostrar o seu rexeitamento a actitude do portavoz do equipo de goberno polas descualificacións persoais vertidas. Podemos entender a vehemencia e o calor do debate, pero non podemos tolerar que se perda o respecto. Cabe subliñar que o alcalde de Cervo non fixo nada por evitar istas descualificacións, o cal para nós, é preocupante.

Exit mobile version