Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Cervo quere que o Concello use as novas tecnoloxías para informar da política municipal e ofertas de emprego

Nota de Prensa

O GMS PEDIRÁ AO ALCALDE DE CERVO QUE OS PARADOS SEXAN INFORMADOS A TRAVÉS DAS TIC DAS OFERTAS OU PLANES DE EMPREGO
O GMS XA PEDIU NUN PLENO O USO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS PARA INFORMAR AOS VECIÑOS DE ASUNTOS COMA EMPREGO OU POLÍTICA MUNICIPAL
CERVO, 9 DE MARZO. Visto que o concello de Cervo decideu contratar os servizos dunha persoa coma gabinete de comunicación e mantemento da páxina web municipal, o GMS vai demandar que se faga uso das TIC para facilitar o acceso á información sobre todo o relacionado co emprego ou xestión municipal.

Os socialistas xa demandamos en varias ocasións ao alcalde de Cervo, unha delas nun pleno, que a páxina web do concello fora posta ao día e que en ela se incluiran as actas das xuntas de goberno e as actas dos plenos. A día de hoxe, so se poden ver as actas ata xuño de 2008 e dende enton no se han actualizado as demais. Así mesmo, demandamos que se incluira tamén no portal as ofertas de emprego municipal, sen éxito.

USO ELECTORALISTA EN LUGAR DE USO SOCIAL

O alcalde non so se nega a actualizar a web no que se refire a estes asuntos que demandamos, senon que ademais utiliza este espazo público para facer propaganda e marketing electoral para lavar a súa devaluada imaxe. So así se entende que despois de que toda a corporación acudira ao encontro no que a  Conselleira de Traballo anunciara a residencia da 3ª idade, na páxina web do Concello aparecieran soamente os concelleiros do PP, eliminando da foto selectivamente aos concelleiros da oposición.

Por todo isto, os socialistas demandamos que o gasto de 1700 € ao mes que costa o servizo de prensa e fotografia e de actualización da web municipal sexa empregado en beneficiar aos veciños, e non aos políticos e que posibilite o acceso á información da forma mais rápida posible, tal e coma demanda a sociedade nestes tempos de crise. Desta maneira, as ofertas de emprego poderian enviarse as persoas en paro do concello a traves de SMS, e-mail e a páxina web municipal axilizando e acortando os prazos e desprazamentos innecesarios.

Exit mobile version