Site icon Crónica3.com A Mariña

O telecentro de Ribadeo acolle obradoiros sobre prensa en internet e sobre iniciación á informática

RIBADEO (FNC) .- A Rede de Dinamización da Sociedade da Información, en colaboración co Concello de Ribadeo, anuncia máis actividades de achegamento ás novas tecnoloxías que están tendo lugar terán lugar no mes de marzo en Ribadeo. Os obradoiros que se están a desenvolver e as súas datas son as seguintes:

-Prensa en Internet: con este obradoiro os/as usuarios/as serán capaces de ler os xornais dixitais para manterse informados/as. Dirixidos á poboación en xeral do Concello de Ribadeo, estáse levando a cabo con 13 usuari@s do 9 ao 18 de marzo en horario de mañán de 11 a 12 horas.

-Iniciación á Informática: con este obradoiro os/as usuarios/as serán capaces de manexar con certa soltura os obxectos (arquivos, cartafoles, ferramentas…) e funcionalidades básicas que ofrece un computador. Dirixidos á poboación en xeral do Concello de Ribadeo, estase desenvolvendo do 9 ao 18 de marzo con 8 asistentes en horario de tarde de 18 a 20 horas.

Do 22 de marzo ao 7 de abril o Telecentro de Ribadeo permanecerá pechado por vacacións. Para solicitar máis información sobre as súas actividades poden dirixirse ao Centro de Dinamización de Ribadeo, sito na rúa Antonio Otero, 15, 2º andar, chamar ao teléfono 982.120.732 ou mandar un correo electrónico ao enderezo telecentroribadeo@gmail.com

Exit mobile version