Site icon Crónica3.com A Mariña

O xulgado desestimou a demanda dunha ex profesora da escola de música contra o Concello de Ribadeo

RIBADEO (FNC).- O xulgado do social nº 1 ven de desestimar a demanda formulada por unha ex profesora da Escola de Música contra o Concello de Ribadeo. O alcalde, Fernando Suárez, di que a fai pública como resposta á difamación da que foron obxecto tanto él como a concelleira de Cultura pora parte desta persoa.

O rexedor sinala que “facemos pública esta sentencia do xulgado do social número 1 de Lugo a respecto dunha demanda laboral contra o Concello por parte dunha persoa que foi profesora da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo. Esta persoa que ocupou unha praza de profesora de piano da Escola, que tiña daquela carácter indefinidido, foi cuberta hai poucos meses coas esixencias que marcan os principios constitucionais de mérito, capacidade, igualdade e publicidade”.

Fernando Suárez engade que “nós non somos quen para facelo doutro xeito e por iso o ano pasado, baixo eses principios, convocáronse varias prazas, entre elas esta de piano a que nos estamos a referir. Unha das profesoras da escola decidiu non presentarse á mesma, é dicir non participar neste proceso que, insisto, cumpría escrupulosamente, como queda ademáis probado na sentenza, cos mencionados principios constitucionais de igualdade, mérito, publicidade e capacidade. Digo isto agora nos medios como resposta á difamación da que fomos obxeto hai meses por esta persoa, concretamente a min e máis especialmente á concelleira de Cultura, tamén nos medios de comunicación”.

Exit mobile version