Site icon Crónica3.com A Mariña

Portos de Galicia asegura que a proposta enviada a Ence garante a competitividade do binomio Navia-Ribadeo

SANTIAGO .- O presidente de Portos de Galicia asegurou que a proposta enviada a Ence sobre o porto de Ribadeo “garante a competitividade do binomio Navia-Ribadeo” e matizou que “non pretendemos quitarlle os tráficos ao porto do Musel”

REFERENCIA
Así o sinalou esta mañá o presidente de Portos de Galicia na súa comparecencia na Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo
Portos defende no Parlamento a proposta enviada a ENCE porque garante a competitividade do binomio Navia-Ribadeo

*
Álvarez-Campana: “Estamos dispostos a traballar con flexibilidade, non pretendemos quitarlle os tráficos ao porto do Musel e, estamos convencidos de que a mellor porta de saída da pasta de papel e a de Ribadeo”

Santiago, 25 de marzo de 2010.- O presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana, defendeu hoxe o binomio ENCE/Navia-Ribadeo e a proposta presentada polo ente público manifestando que “mantemos a oferta porque garantimos a competitividade do binomio Mirasol-ENCE, que é moi importante, que os mercados internacionais de pasta de papel son moi esixentes e temos a experiencia de que a manipulación da pasta de papel realizase de forma óptima desde Mirasol”

Así o sinalou esta mañán o presidente de Portos de Galicia na súa comparecencia na Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, para explicar o contido, previsións e conclusións da proposta enviada á empresa ENCE sobor da necesidade de que a devandita empresa continúe cos seus tráficos de pasta de papel desde o porto de Mirasol, en Ribadeo

Para o presidente de Portos de Galicia, outra das razóns fundamentais para manter en Mirasol o tráfico de pasta de papel e o da súa manipulación do que dixo “temos que manter o tráfico desde Ribadeo xa que logo si se realiza desde o Musel pode ter problemas na súa manipulación e, de tipo economico porque a distancia entre a fábrica de Ence-Navia e o porto de o Musel é case tres veces maior que entre Ribadeo e Ence-Navia que somente están separados pola ría”.

Con esta proposta de traballo Portos de Galicia quere facer chegar a ENCE a súa total colaboración para continuar cunha relación que tan bos resultados acadou nos derradeiros anos agardando a máxima colaboración e cooperación polas ambas partes e o comezo inmediato dos traballos. “Estamos dispostos a traballar con flexibilidade, non pretendemos quitarlle os tráficos ao porto do Musel e, estamos convencidos de que a mellor porta de saída da pasta de papel e a de Ribadeo”, concluíu o presidente de Portos.

A proposta

Álvarzez-Campana desglosou a proposta de Portos sinalando que o acordo “levaríase a cabo a través dun grupo de traballo en donde se acaden compromisos, polas dúas partes, en base a un tráfico mínimo a avaliar e por un período de cinco anos”. O ente público quere converter Ribadeo nun referente portuario e atender necesidades loxísticas de ENCE para un transporte sostible, competitivo e coas maiores garantías de calidade na operativa e trato da mercadoría.

Portos de Galicia mantén unha relación histórica coa factoría de ENCE-Navia. No caso de Ribadeo este tráfico é un referente histórico donde a loxística desta mercadoría acadou importantes tonelaxes de exportación nos últimos anos, a pesares da situación económica actual.

A proposta incluiría o compromiso de licitar as obras da dragaxe da canle de navegación do acceso ao porto e as das obras de ampliación da liña de atracada no peirao comercial de Mirasol, por un importe total de 2,4 millóns euros. En canto á estratexia de optimización dos custos que Portos de Galicia está a levar a cabo desde o primeiro de xaneiro coa rebaixa das taxas, o ente público propón tamén a Ence unha revisión da taxa por mercadorías establecendo as bonificacións ao tráfico de pasta de papel en Ribadeo durante os vindeiros 5 anos e que entraría en vigor a partires do ano 2011 o que permitiría un aforro de preto de 50 por cento para a factoría.

Finalmente, Portos de Galicia se comprometería a facer un estudo do nó loxístico de Ribadeo con todos os axentes implicados na cadea de transporte do tráfico de pasta de papel. Os resultados deste traballo permitirían saber como optimizar as operacións, establecendo criterios de funcionamento, procedementos de traballo, aspectos de mellora e a posibilidade de novas áreas e espazos loxísticos.

No caso de Ribadeo, Portos de Galicia ven realizando un esforzo permanente coa realización dunha serie de investimentos para poder mellorar as infraestruturas do porto de Ribadeo e, ao mesmo tempo aos seus tráficos. Polo tanto fíxose unha dragaxe para mellorar o calado no peirao comercial ata conseguir 6 metros, o que supuxo un investimento de mais de 1,4 millóns de euros e que rematou o pasado ano. Neste momento estase a aumentar de cota o peirao de Mirasol cunha inversión que ronda o millón de euros e permitirá a operatividade do porto en calquera condición de marea.

A pasta de papel constitúe unha das mercadorías mais atractivas para a operativa portuaria por seren un produto de alto valor pero cuxa esixencia no seu manipulado implica un importante grao de exquisitez no tratamento da mesma. Portos de Galicia considera que este tráfico debe manterse no porto de Ribadeo con todas as melloras operativas que garantan a excelencia nas operacións.

Exit mobile version