Site icon Crónica3.com A Mariña

Portos de Galicia dotará ao peirao de Ribadeo dunha zona acotada para acopios e decomisos

SANTIAGO .- Portos de Galicia dotará ao porto de Ribadeo dunha zona acotada para acopios e decomisos e mellorará  o servizo dos usuarios do porto de Ribadeo. Esta actuación suporá un investimento duns 19.000 euros.

Nota de Prensa

Esta parcela estará ocupada con acopios e decomisos e mellorará  o servizo dos usuarios do porto de Ribadeo

PORTOS DE GALICIA DOTARÁ AO PORTO DE RIBADEO DUNHA ZONA ACOTADA PARA ACOPIOS

* Esta actuación será  executada con cargo aos fondos do Plan de Investimentos en obras Menores (PIM) e suporá un investimento duns 19.000 euros.

Santiago, 17 de marzo de 2010.- Portos de Galicia comezará mañán as obras de do peche perimetral para dotar dunha nova parcela de acopios o porto de Ribadeo. Esta parcela estará ocupada con acopios e decomisos, e mellorará o servizo dos usuarios do porto de Ribadeo. Esta actuación será executada con cargo aos fondos do Plan de Investimentos en obras Menores (PIM) e suporá un investimento duns 19.000 euros.

As obras consisten no peche da parcela situado fronte á zona de varado do porto deportivo dotándoa de dous accesos. Neste senso, incorporaráselle unha porta corredoira de dúas follas de catro metros cada unha nunha das entradas e, na outra unha, unha porta de cinco metros de lonxitude.

Plan de investimentos en obras Menores

O Ente Público Portos de Galicia, está a executar obras de infraestrutura e inversións menores nos portos da provincia de Lugo de acordo coas necesidades dos seus distintos usuarios como son as confrarías, clubs náuticos, asociacións e concesionarios e operadores portuarios, entre outros.

Entre as actuacións realizadas por este programa figuran a reordenación de fondeos, limpezas de fondos mariños, defensas para os peiraos, casetas, remodelación de locais, galpóns e almacéns, pavimentacións e asfaltados de viais portuarios, mantemento e reparación en xeral de portalóns e reparación de superficies en lonxas, vestiarios, entre outros.

Tamén figuran nestas partidas as correspondentes á colocación de alumeados nos portos e edificios de comercialización e venda de peixe, colocación e acondicionamento de escaleiras, tanto nos edificios como nos peiraos. Segundo as peticións recibidas, a maior parte corresponde ás efectuadas polas confrarías de pescadores.

Exit mobile version