Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentaron en Cervo o cartel da Festa do Ourizo de San Cibrao

CERVO .- Responsables municipais do Concello de Cervo presentaron o cartel anunciador da XIX edición da Festa do Ourizo de San Cibrao, declarada de interese turístico galego, e anunciaron que a Conselleira do Mar pechará as Xornadas Técnicas.

Nota de Prensa

O rexedor e os concelleiros de Turismo e Medio Ambiente presentaron hoxe o cartel anunciador

A CONSELLEIRA DO MAR ASISTIRÁ Á XIX EDICIÓN DA FESTA DO OURIZO

* Rosa Quintana será  a encargada de pechar as Xornadas Técnicas

* A pesar da escaseza do produto, a organización ten previsto distribuír ao redor de 3.000 quilos de ourizo

* A degustación comezará  ás dúas da tarde nunha carpa instalada na prazoleta onde se repartira ourizo cru, cocido e en empanada

Cervo, 2 de marzo de 2010.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e os concelleiros de Turismo, Rubén Fernández, e de Medio Ambiente, Pilar Armada, presentaron esta mañá o cartel anunciador da XIX edición da Festa do Ourizo de San Ciprián, declarada de interese turístico galego.

O rexedor cervense aproveitou esta presentación para confirmar a asistencia da conselleira do Mar na festa. Rosa Quintana desprazarase ata San Ciprián para clausurar as Xornadas Técnicas que se celebran como complemento aos actos lúdicos deste evento gastronómico.

Alfonso Villares agradeceu de antemán a participación da conselleira nesta celebración. “Para nós -dixo- é un acicate que a máxima responsable dos asuntos marítimo-pesqueiros de Galicia estea presente o vindeiro sábado en San Ciprián, porque significa a importancia que ten para a Xunta un evento coma o noso, xa non só no ámbito puramente lúdico, se non tamén no que atinxe á promoción e divulgación dos nosos recursos mariños” dixo.

Villares tamén salientou coma novidade da presente edición a instalación dunha carpa na prazoleta onde a Comisión de Festas do Carme e Maruxaina ten previsto repartir ao redor de 500 quilos de ourizo en cru, cocido e en empanada.

Neste ano a organización estableceu un prezo de 5 euros para as racións de Ourizo nas súas especialidades de crú e cocido. Os locais participantes teñen previsto repartir ao redor de 3.000 quilos de Ourizo nesta xornada, “aínda que tamén hai que dicir que os hostaleiros están tendo bastantes dificultades en facer acopio de ourizos, debido á escaseza de capturas que se está a sufrir na lonxa nestes días” indicou o alcalde.

“Aínda así -dixo- esperamos poder ofrecer o Ourizo suficiente para todas aquelas persoas que se acheguen o vindeiro sábado ata San Ciprián para pasar unha xornada de lecer e como non, para degustar os nosos ourizos”.

PROGRAMA DE ACTOS:

X XORNADAS TÉCNICAS SOBRE O OURIZO

12:00 h  INAUGURACIÓN DAS X XORNADAS TÉCNICAS SOBRE O OURIZO

no Museo Provincial do Mar

12:15 h RELATORIO

“O ERIZO: A COMERCIALIZACIÓN COMO ESTRATEXIA DE FUTURO”

a cargo de don Antonio Rodríguez Fernández – Xefe do Servizo de Mercados da Consellería do Mar

13:00 h CLAUSURA DAS X XORNADAS TÉCNICAS SOBRE O OURIZO a cargo da conselleira do Mar, Rosa Quintana.

IX CONCURSO GASTRONÓMICO DO OURIZO

13:30 h ENTREGA DE PLATOS E CONSTITUCIÓN DO XURADO

No Museo Provincial do Mar

Concurso aberto aos  locais de hostalería participantes na festa

13:45 h CATA E DELIBERACIÓN DO XURADO

14:00 h ENTREGA DE PREMIOS E DISTINCIÓNS DO CONCURSO

XIX DEGUSTACIÓN  – FESTA DO OURIZO DE SAN CIPRIÁN

A partir das 14:00 H: DEGUSTACIÓN DE OURIZO COCIDO E CRU NUNHA CARPA INSTALADA NA PRAZOLETA, FRONTE AO MUSEO DO MAR

18:00 h DEGUSTACIÓN DE ESPECIALIDADES NOS LOCAIS PARTICIPANTES

• Cafetería Buenavista

• Bar Candal

• A Bodega

• Pizzería O Trasgo

• Bar Restaurante O Noso Lar

• Restaurante Buenavista

• A Cosecha

• Cervecería O Encontro

• Bar Restaurante O Castelo

• Café – Bar  Camarote

• Cafetería C.I.T.

Con pasarrúas a cargo da charanga MANCA NA CHEDA de Mondoñedo e dos gaiteiros de AIRIÑOS DO XUNCO de Cervo

00:00 h VERBENA na carpa instalada na Prazoleta amenizada por GRUPO ESTRELLA

Exit mobile version