Site icon Crónica3.com A Mariña

Última oportunidade para participar nos cursos de condución eficiente en Ribadeo

Os días 22, 23 e 24 de marzo terán lugar as últimas sesións dos cursiños de condución eficiente en Ribadeo. Estes cursos, de dúas horas de duración, son totalmente gratuítos e contemplan unha demostración práctica de cómo aforrar entre un 15 e un 30% de combustible, así como consellos para conservar máis tempo o motor, os freos e os neumáticos, incrementado o confort e a seguridade na condución. Os interesados en reservar praza para participar nestes cursos poden apuntarse na Axencia de Sostibilidade do Concello de Ribadeo, chamando ao teléfono 982 120 701 ou no seguinte enderezo de correo electrónico: sostibilidade@ribadeo.org

Exit mobile version