Site icon Crónica3.com A Mariña

Un estudo da Deputación detecta os mellores nichos de negocio e os traballos con máis futuro

LUGO .- Un estudo da Deputación revela que as profesións sociosanitarias, hostalería e turismo, industria manufactureira e medioambiental como novas oportunidades de negocio con futuro en Lugo. A Deputación ultima formación para parados neses sectores.

Nota de Prensa

A Deputación detecta os traballos con máis futuro en Lugo e ultima formación para parados neses sectores

– O INLUDES rematou a 1ª fase do Pacto Provincial polo Emprego, dotado con 3,4 millóns de euros, e que inclúe unha ampla diagnose da situación laboral e do emprego na provincia

– O estudo coincide co Plan Estratéxico ó revelar que as profesións sociosanitarias, hostalería e turismo, industria manufactureira e medioambiental, son sen dúbida os novos nichos de emprego

– A Deputación ultima un ambicioso programa de formación dirixido a parados co fin de crear emprego estable onde realmente hai futuro

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, participou este xoves no segundo almorzo con xóvenes empresarios, organizado por AJE Lugo e que se desenvolveu no edificio administrativo da Xunta. No encontro, Gómez Besteiro anunciou que o Instituto de Desenvolvemento Económico e Social (INLUDES) iniciará um ambicioso programa de formación nos campos laborais onde realmente hai futuro, dirixido a persoas en paro. O programa baséase na ampla análise e diagnose da situación laboral e do emprego na provincia, dentro do programa europeo Pacto Provincial polo Emprego, que está dotado con 3,4 millóns de euros.

O titular provincial, quen a vindeira semana lles fará chegar ós integrantes de AJE unha copia da diagnose, explicou que a análise detecta os principais nichos de emprego da provincia. Aínda que a diagnose profundiza en todos os sectores, en resume as novas oportunidades de negocio son: área social e sociosanitaria, hostalería e turismo, industria manufactureira e área forestal e medioambiental. Neste senso, Gómez Besteiro, subliñou que “son as áreas nas que actuaremos e que coinciden cos resultados do Plan Estratéxico. En breve presentaremos as accións formativas nestes campos para contribuir á creación de novos postos de traballo onde realmente hai futuro. Por exemplo, na área sociosanitaria, a través de SUPLUSA investiremos 20 millóns de euros na construción de dotacións sociais nos municipios lucenses, co que: frearemos o despoboamento no rural, prestaremos atención á terceira idade e estas construcións revertirán economicamente nos concellos onde se asenten”.

No almorzo tamén participaron a Concelleira de Economía, Sonia Méndez, e a Delegada Territorial da Xunta, Ramón Arias, así como 25 representantes de empresas do sector das telecomunicacións, construción, medio ambiente e enerxías renovables, sociedade da información ou hostalería.

Esta iniciativa enmárcase dentro do programa de actividades que está a levar a cabo a Asociación e que está dirixido ós mozos empresarios co fin de fomentar a cultura emprendedora en Galicia en xeral e na provincia de Lugo en particular. Con esta xuntanza multisectorial, a AJE busca estimular o crecemento económico da provincia. Esta xornada tamén permite ós empresarios ampliar os seus contactos con novos proveedores e clientes, conseguindo abrir novas vías de negocio.

Os autónomos e as PEMES, base da economía de Lugo

Segundo a diagnose realizada pola Deputación, os autónomos seguen sendo os que sustentan a economía da provincia. En base ós últimos datos rexistrados no terceiro trimestre de 2009, o paro acada os 16.062 parados, sendo o sector máis afectado o da construción cun 18,3% dos parados.

Na provincia existen 6.600 autónomos, que representan o 65% da base empresarial de Lugo. Por sectores, estes distribúense do seguinte xeito: comercio 3.098; hostalería 1.590; industria manufactureira 810; actividades culturais e deportivas 557; construción: 221; transporte: 109; e o resto: agricultura, enerxía eléctrica, educación, actividades sanitarias.

Gómez Besteiro lembrou que dende 2008 a Deputación investiu preto de 1,5 millóns euros, en axudas para este colectivo, convértendose na 1ª administración provincial que subvenciona os seus gastos correntes e lles axuda a manter o seu negocio. Neste senso, tamén apuntou que a través do programa Lugo Compite máis –que esgotou as súas prazas en menos de tres días-, o organismo provincial ofrece asesoramento ás PEMES da provincia co obxectivo de facelas máis competitivas.

Asimesmo, tal e como reflicte o estudo, só un 0,14% das empresas factura máis de 60.000.000 euros ó ano. A maior parte, un 71,75% está nos 300.000 anuais.

Exit mobile version