Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha delegación de 92 corredores representarán a Lugo no Campionato Galego de campo a través

LUGO .- Unha delegación de 92 corredores en idade escolar representarán á provincia de Lugo no campionato galego de campo a través promovido pola Xunta dentro do programa Xogade. Na competición, que se desenvolverá o próximo sábado no circuíto habilitado na localidade coruñesa da Pobra do Caramiñal, tomarán parte en concreto 12 equipos, todos eles compostos por seis atletas, e 20 deportistas que conseguiron a súa clasificación de xeito individual na final da fase provincial promovida pola Delegación Territorial de Lugo.

A representación lucense abrangue as seis categorías en liza (alevín feminina e masculina, infantil feminina e masculina e cadete feminina e masculina). Os participantes deberán recorrer distancias que van dos 1.500 metros (en categoría alevín feminina) e os 5.000 metros en cadete masculina.

No tocante a representación, dentro do colectivo que se desplazará ao campionato tras lograr o pase nas competicións organizadas polo servizo de Deportes da Delegación Territorial de Lugo, destacan o San Fernando Lucus Caixa Rural (con catro equipos e dous atletas clasificados de xeito individual), o Club Franciscanos de Lugo (catro equipos e un atleta clasificado de xeito individual), a Agrupación Deportiva San Roque de Viveiro (un equipo e dous corredores de xeito individual) e o Ceip Santa Rita (un equipo e dous corredores clasificados de xeito individual).

Os representantes lucenses nas distintas categorías son:

Categorías Equipos clasificados Individual
Alevín feminina Club Franciscanos

Colexio Martínez Otero

Ángela Cacharrón e Lucía López (SF Lucus Caixa Rural), Clara Díaz (Ceip Santa Rita), María Calvo (Concello de Guitiriz), Lorena Iglesias (Fefeme Triatlón Miño)
Alevín masculina Club Franciscanos

SF Lucus Caixa Rural

Bruno Rodríguez (A Gándara), Germán Fernández (PP Escolapios), Iago López (EDM Castro de Rei), Rubén Castro (ED O Valadouro)
Infantil feminina Martínez Otero-Celtas

Club Franciscanos

Inés Blanco (Triscos-San José), Aroa Freije (Fefeme Triatlón Miño), Saleta Fernández (A Gándara), Julia Peláez (AD San Roque de Viveiro)
Infantil masculina Club Franciscanos A

Ceip Santa Rita

Alejandro Vázquez (CP La Merced), David Diéguez (ED Chantada), Noé Vila (Club Franciscanos B)
Cadete feminina SF Lucus Caixa Rural A

SF Lucus Caixa Rural B

Eva Basanta (Fefeme Triatlón Miño), Tania López (AD San Roque de Viveiro)
Cadete masculina SF Lucus Caixa Rural

AD San Roque de Viveiro

José Hermida (ED Lourenzá), Miguel Sánchez-Andrade (Fefeme Triatlón Miño)
Exit mobile version