Site icon Crónica3.com A Mariña

Veciños de Castro de Rei e de Lugo vistan A Mariña co programa KmO da Deputación

LUGO .- Centos de persoas participan nas rutas que programa a iniciativa Km0 da Deputación, así nestes días alumnos do CEIP Ramón Falcón de Castro de Rei farán a ruta do “Faro-San Ciprián” e 60 persoas da colectivo Cruz Roja Española en Lugo  viaxarán a Viveiro, visitarán a lonxa de Celeiro, e a praia de Covas.

Nota de Prensa

50 persoas participarán nunha nova ruta a cabalo

co Km0 Xtreme

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, recibiu este martes a membros do grupo “Seguridade de UXT Lugo”, e a estudantes do CEIP Ramón Falcón de Castro de Rei dentro do programa Km0. Deputación de Lugo. No primeiro caso, farán a ruta “Catamarán por Amandi” na Ribeira Sacra e, no segundo, a do “Faro-San Ciprián” na Mariña.

Da mesma forma, este mércores, o “CPI Castroverde”, e o colectivo “Cruz Roja Española en Lugo” únesen o clube de amigos de Km0.Deputación . Uns 60 alumnos do centro educativo do Concello chairego coñecerán os traballos dos oleiros de Bonxe, visitarán o Balneario de Guitiriz, así como o reloxo astrolóxico e a igresa deste município dentro da ruta “Augas de Guitiriz”. Pola súa banda, 60 persoas da asociación lucenses viaxarán a Viveiro, visitarán a lonxa de Celeiro, e a praia de Covas.

O deporte e a multiaventura marcarán a primeira das rutas deste xoves. Deste xeito, un grupo de 50 veciños participarán na modalidade Km0 a Xtreme, e farán unha ruta a cabalo pola serra de Meira onde visitarán o Pedregal de Irimia, lugar de nacemento do río Miño. Da mesma forma, tamén o xoves, a última ruta desta semana será a de “Viveiro Histórico” que realizará o colectivo “Cogami Lugo” .

Centos de persoas están a participar ó día no programa medioambiental da Deputación que xa ten cubertas todas as prazas ata finais do mes de xulio, cando remate esta tempada. Deste xeito, a Deputación está a organizar de forma ocasional rutas a maiores coma, por exemplo, as das pasadas fins de semana nas que participaron Fernando Romay, o equipo do Leite Rio Breogán, e Chus Lago, e coas que o organismo provincial está a impulsar os Camiños ó seu paso pola provincia.

Exit mobile version