Site icon Crónica3.com A Mariña

Xa se acercan as eleccións municipais

Xa se empezan a ver os primeiros síntomas que delatan que estamos acercándonos as eleccións municipais:
En Viveiro, Cesar Aja, trata de facerse co control do PP, mentres Leal e os seus seguidores se resisten.
En Foz e Ribadeo o PP non da nomeado o seu candidato as municipais. Aínda que en Ribadeo xa se postularon para o cargo varias persoas.
No PSOE de Foz, Rivera e Cancio, loitan por ser o candidato. Parece que Rivera conta co apoio da dirección provincial e tomou a dianteira na carreira, aínda que Cancio non dixo a última palabra.
Por certo que fai pouco celebrouse unha asemblea do PSOE de Foz, que me contan, foi unha autentica chapuza, e un escándalo. Pero de este tema escribirei outro día cando reúna mais detalles.
Os gobernos municipais tratan neste último ano de facer aquelas actuacións que lles poden reportar mais popularidade cara as próximas eleccións, aínda que podan ser de pouco interese para o conxunto dos veciños.
Os diferentes partidos, e nos diferentes concellos da mariña, tratan de ir formando as súas listas electorais, o mesmo tempo que tratan de ir recollendo as diferentes necesidades para configurar os programas que mais podan ilusionar os seus veciños, aínda que sexan conscientes de que moitas actuacións non as van poder levar a cabo.
O caso e que o programa ilusione e a xente o crea, aínda que logo non se cumpra.
O triste de todo isto e que todos os partidos, en tódolos concellos, tratan de gañar as eleccións sen importarlle as necesidades do seus veciños, nin o que e mellor para o seu concello. O caso e gañar as eleccións sexa como sexa.
Así nos luce o pelo na Mariña e en cada concello.

O Fareiro de Foz

Exit mobile version