Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación oferta formación a empregados da administración local, alcaldes e concelleiros

LUGO .- A Deputación organizou unha xornada sobre a directiva Bolkenstein no ordenamento xurídico español e a súa implicación nas novas formas de control da actividade dos veciños. A formación vai dirixida a todos os empregados da administración local, incluídos os alcaldes e concelleiros.

Nota de Prensa

A Deputación forma ós traballadores dos Concellos na directiva que regula as actividades do sector servizos

– Prestixiosos especialistas disertarán sobre a normativa Bolkenstein e a súa implicación nas entidades locais para o control de actividades deste sector que esixen autorización administrativa

– A xornada, que se desenvolverá semana que vén no Pazo de San Marcos, está dirixida a todos os empregados da administración local, incluídos os Alcaldes e Concelleiros

Os días 15 e 16 de abril o Salón de Actos da Deputación acollerá unha xornada informativa sobre a directiva Bolkenstein no ordenamento xurídico español e a súa implicación nas novas formas de control da actividade dos veciños. Deste xeito, diversos especialistas disertarán sobre como lle afecta esta normativa europea ás actuacións do sector servizos que precisan para a súa execución autorización administrativa.

O simposio, que se inclúe dentro do Plan Propio de Formación Continua para o ano 2010, está dirixido a todas aquelas persoas que se atopan no ámbito de decisión da Administración Local, tales como: Alcaldes, Concelleiros, Secretarios, Interventores, responsables de servizos técnicos municipais e provinciais, asesores xurídicos, responsables de contratación, etc. Nestes momentos, están confirmadas unha trintena de persoas.

A Directiva Bolkstein afecta a 46 Leis estatais, ós municipios e a certas ordenanzas locais: apertura de establecementos, venda ambulante, mercados ou espectáculos. Prevé fundamentalmente 4 mecanismos para facilitar a simplificación de procedementos como a  ventanilla única, a través da que se poden realizar trámites necesarios, autorizacións, inscricións en rexistros, unha regulación detallada das obrigas de información dos prestadores de servizos e o dereito de acceso á mesma por parte dos consumidores e, finalmente, o impulso dos procedementos por vía electrónica.

En concreto, as actividades de servizos que se ven afectadas neste anteproxecto supoñen o 87% do valor engadido do sector servizos en España e representan máis do 50% do emprego total da economía española.

Exit mobile version