Site icon Crónica3.com A Mariña

A Pomba do Arco organiza unha homenaxe a Suso Fernández que será nomeado fillo predilecto de Foz

FOZ .- Coincidindo coa celebración do Día do Libro, unha asociación de Foz, A Pomba do Arco, organiza unha homenaxe a Jesús Fernández López, Suso Fernández . A xornada comezará o venres, día 23, ás oito e media da tarde na sala Bahía.
Suso Fernández será distinguido co nomeamento de fillo predilecto de Foz a proposta de asociacións e colectivos veciñais e co apoio de todos os grupos municipais do concello de Foz.

Exit mobile version