Site icon Crónica3.com A Mariña

A xunta de persoal do Hospital da Costa asegura que non se iniciou ningunha das melloras prometidas

BURELA .- A Xunta de Persoal do Hospital da costa afirma que a día de hoxe non están feitas as reformas, nin hai aumento de cadro de persoal nin de especialidades e as listas de espera seguen aumentando.

NOTA DE PRENSA:

Ante as distintas versións que a Consellería fai en distintos foros e dada a confusión que isto supón para os traballadores/as e tamén para  os usuarios/as, a Xunta de Persoal da área norte quere manifestar: que a pesar das pequenas reformas que se van facer no hospital( que non deixan de ser parches).

A día de hoxe non están feitas as reformas, nin hai aumento de plantillas, tampouco de especialidades e nin sequera se  recortaron as listas de espera.

A Xunta de Persoal da área norte esixe:

  • Cumprimento dos acordos retributivos
  • Cumprimento do plan mellora en Atención Primaria
  • Ampliación real do Hospital da Costa en :

    NUMERO DE CAMAS

    AUMENTO DE ESPECIALIDADES (oncoloxia, dialises peritoneal etc)

    AUMENTOS DE PLANTILLAS

  • Defensa da sanidade pública

Así como tamén esiximos a Consellería se pronuncie de una vez e diga abertamente o que vai a pasar ca Xerencia Integrada Única, xa que as manifestacións que fai respeto a isto son contraditorias.

Esta Xunta de Persoal entende que para  o bon funcionamento, tranquilidade e non detrimento  da calidade dos servizos, non queremos nin debemos ser XERENCIA INTEGRADA ÚNICA PROVINCIAL

Exit mobile version