Site icon Crónica3.com A Mariña

Alumnado do instituto Perdouro de Burela crean pequenas producións multimedia

BURELA .- Alumnos e alumnas do instituto Perdouro de Burela crean pequenas producións multimedia a partires da captura de imaxes e son e o seu posterior tratamento dixital. Esta está relacionada con un dos obxectivos que marca o currículo de informática para cuarto da ESO.

Nota de Prensa

Os alumnos de informática de 4º da ESO do IES Perdouro están estes días (26 de Abril e 3 de Maio) desenvolvendo unha actividade relacionada con un dos obxectivos que marca o  currículo de informática para 4º da eso. A creación de pequenas produccións multimedia a partires  da captura de  imaxes e son e o seu posterior tratamento dixital.

Son 2 as curtametraxes que se están a gravar. O día 26 gravaron o grupo INFO I (15 alumnos) e o día 3 vai gravar o grupo INFO II.( 11 alumnos).

O método de traballo foi o seguinte: fixeron o guión  literario e escolleron entre tódalas historias a que máis lles gustou. Da elixida fixeron o guión técnico e repartíronse os papeis que cada quen desempeña na curta ( microfonista, director, axudante de dirección, producción….).

A iniciativa desta actividade parte do departamento de Tecnoloxía, concretamente da profesora Esperanza Pernas, que imparte as clases de informática os grupos implicados na gravación. Como colaborador artístico atópase presente Matías Nicieza, encargado de complementar a formación teórica previa e supervisar as gravacións, explicando ós estudiantes todo o necesario para a elaboración da curto e a súa realización o mais axustada posible á realidade do cine profesional (incluído os descansos, só unha hora para comer). Colabora tamén o departamento de Imaxe Corporal, dirixido por Begoña Rodríguez Muñiz, que se encarga de peitear e maquillar ós actores.

Unha vez rematada a gravación iniciarase a súa edición e montaxe, e antes de rematalo curso tódolos alumnos do centro poderán ver os resultados do traballo realizado.

Tramas das historias:

* INFO I : Unha rapaza con aires góticos chega ó instituto e os compañeiros rinse dela polas pintas que trae, entón a rapaza decide sorprendelos con un cambio de estilo….
* INFO II: Hai unha bomba no instituto!! un grupo de rapaces que se enteran por casualidade tratan de localizala e evitar o seu estoupido.

Exit mobile version