Site icon Crónica3.com A Mariña

Anuncia o PP que “baixa a inversión na Conservación da rede viaria provincial”

Nota de Prensa

O GPPP: “Besteiro baixa a inversión na Conservación da rede viaria provincial”

* Os populares denuncian que no plan non se programan as actuacións a levar a cabo nas estradas provinciais.
* Poñen como exemplo de “eficacia e eficiencia” as estradas do concello de Trabada.

Lugo, a 22 de abril de 2010.- O GPP manifestou hoxe con absoluta contundencia que “o Plano de Conservación da rede viaria provincial é marcadamente electoralista e tén outro enorme defecto: non planifica nin programa as distintas actuacións que se deberían levar a cabo nas distintas estradas provinciais”.

Os populares consideran que con este plano a Deputación non está a facer ningunha aposta pola obra pública. Proba delo é que este plano simplemente está concentrando nunha sola adxudicación o gasto que tería que facer en dous anos, pero que porcentualmente baixa: de feito, o presuposto inicial deste plano, de dous anos, de vinte millóns e medio de euros incluido IVE, está por debaixo do presuposto que agora se remata.  Para manter o ritmo de investimento, a Deputación debería gastarse 850 mil euros máis nas súas estradas nestos próximos dous anos.

Estas afirmacións foron efectuadas nunha visita de membros do Partido Popular  ó  Concello de Trabada, na que aproveitaron para verificar o desastroso estado das estradas da Deputación neste termo municipal. O presidente do PP lucense, José Manuel Barrreiro,  e o alcalde e deputado provincial, José Manuel Yanes Ginzo, estiveron acompañados polos parlamentarios autonómicos Enma Alvarez e José Manuel Balseiro e polo portavoz adxunto na Deputación José María González Barcia. Os populares manifestaron que o estado das estradas da Deputación no concello de Trabada son o exemplo da forma de actuar do bipartito provincial: baches, e máis baches, é o que hai nas estradas provincias en Trabada.

Os populares aportaron datos sobre o plano da Deputación: “en primeiro lugar, faise un plano de dous anos de duración, o que en principio non estaría mal, pero que é sospeitoso de electoralismo porque dentro dun ano hai eleccións municipais”.

Ademais, o presidente dos populares lucenses manifestou que nos proxectos aprobados pola Deputación  “ó contrario do que acontecía cos planos anteriores, agora non se especifican as actuacións preferentes a levar a cabo nas estradas provinciais ou en determinados tramos das mesmas. Só se fai constar no proxecto o volumen de gravilla, de asfalto, ou de aglomerado en quente que se vai usar, pero non se especifica onde”.

A xuizo dos populares, “neste caso, podemos asistir a un uso clientelar e caciquil do propio plano de conservación das estradas provinciais, porque será a propia Deputación a que decida onde se fan actuacións, e con que materiais e onde non”.

Exit mobile version