Site icon Crónica3.com A Mariña

Veciños de Alfoz e O Valadouro iniciaron o Camiño de Santiago coas asociacións O Castelo e Amado Lar

VALADOURO / ALFOZ .- As asociacións O Castelo (Alfoz) e Amado Lar (O Valadouro) xunto con veciños destes concellos e amigos dos arredores fixeron onte a primeira etapa do Camiño de Santiago, dende O Valadouro ata Mondoñedo, pola ruta do Camiño Real que une estes dous concellos. Neste camiño por etapas están participando uns 40 peregrinos, que o van facer por tramos todos os domingos ata o día 13 de xuño. O máis novo dos participantes ten 9 anos e a máis veterana 79. Se hai algunha persoa interesada en participar, que non o dubiden, aínda están a tempo de unirse a este grupo e vivir unha nova experiencia. Teléfonos de inscrición: 692 630 948 e 686 391 828.

Dende as asociacións queremos animalos a todos e que collan folgos para que cheguen a Santiago de Compostela con todos os ánimos. Un bo camiño para todos.

Exit mobile version