Site icon Crónica3.com A Mariña

Balseiro. Nos tamén as 24 horas os 365 días

Fai unhos días Balseiro mandaba a prensa unha carta na que se felicitaba por que os helicópteros Pesca 1 e Pesca 2 xa dispoñen dunha dobre tripulación, polo tanto, contan co persoal necesario para atender unha chamada de auxilio ás 24 horas do día, os 365 días  do ano, reducíndose ademais o tempo de resposta ante calquera emerxencia tan só a 10 minutos.

Na mencionada carta Balseiro recordaba as múltiples iniciativas de  impulso promovidas desde o Grupo Popular, e por él mesmo, reclamando un aumento da operatividade dos helicópteros de Gardacostas.

Por último recordaba que desafortudamente esto non significa que as mortes e os  sinistros marítimos vaian a desaparecer, como sería  desexable, pero  si que agora  existirá un sistema de resposta inmediata moito máis eficaz. Salvar unha vida non ten prezo, algo que tivemos moi claro sempre, desde o Partido Popular.

Pois ben. A raíz desta carta, nos, os membros da Comisión Focega en Defensa da Sanidade Pública, queremos felicitalo por esta noticia que e moi boa para todos os nosos mariñeiros. Pero tamén queremos que se aplique o conto e que cumpra os compromisos que ten con as urxencias médicas de Foz. Así lle recordamos:

* Tamén no caso das urxencias médicas de Foz tanto vostede, señor Balseiro, como o PP presentaron múltiples iniciativas no Parlamento Galego.

* As urxencias médicas as 24 horas os 365 días do ano tamén suporán unha resposta mais rápida ante unha urxencia como no caso dos helicópteros. E aínda que isto non supoña que desaparezan as desgrazas, todos sabemos que a rapidez de actuación  e vital en algúns casos.

* Por último temos que dicirlle que aínda que os helicópteros teñan unha tripulación as 24 horas os 365 días do ano, por sorte, o longo do ano van facer moi poucas saídas. Mentres que no caso das urxencias medicas de Foz, un servizo de urxencias médicas 24 horas o día, suporía un montón de atencións a pacientes. O que ademais da rapidez de actuación, axudaría a desconxestionar o PAC de Burela.

Exit mobile version