Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela logra a “Bandeira verde municipio responsable” nas cinco modalidades da convocatoria

BURELA (FNC) .- O Concello obtén un ano máis a bandeira verde-municipio responsable que concede a Federación de Usuarios e Consumidores Independentes (FUCI).A concelleira de Medio Ambiente, Lucía Bouza, dixo que “con grande satisfacción podemos comunicar que unha vez máis o galardón bandeira verde-municipio responsable na onceava edición do premio. Recibimos a noticia con alegría porque acadamos unha estrela máis que no 2009. As estrelas que se poden obter son un total de cinco e nós témolas todas. Representan as seguintes modalidades: residuos, limpeza e xardinería; compromiso ambiental; xestión da auga; educación ambiental e participación cidadá; e consumo enerxético e participación”.

A edil socialista suliñou que “este premio nos anima a seguir traballando neste sentido porque vemos que o que estamos a facer se ve recoñecido”. Lucía Bouza recibirá a bandeira verde nun acto que se celebrará en Madrid o vindeiro 7 de maio.

Exit mobile version