Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo dispón de 50 novos colectores de lixo para orgánicos e pide máis para papel, vidro e envases

CERVO .- O Concello de Cervo dispón de 50 novos colectores de lixo para residuos orgánicos e xestiona máis colectores para recollida selectiva de papel, vidro e de envases lixeiros. O investimento total desta nova dotación de material ronda os 12.000 euros e cada un destes colectores ten una capacidade de 800 litros.

Nota de Prensa

O CONCELLO DE CERVO DISPÓN DE 50 NOVOS COLECTORES PARA MATERIA ORGÁNICA

Cervo, 14 de abril de 2010.- O Concello de Cervo ven de recibir da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental  da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia 50 novos colectores de lixo para residuos orgánicos. O investimento total desta nova dotación de material ronda os 12.000 euros e cada un destes colectores ten una capacidade de 800 litros.

Segundo indicou o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, esta era unha petición que o Concello levaba facendo dende hai tempo aos responsables da Consellería de Medio Ambiente “e por fin tivemos unha resposta afirmativa” sinalou.

Os novos colectores irán destinados a substituír aos que actualmente ten o Concello en peor estado e a cubrir zonas do municipio nas que os actuais recipientes para colocar as bolsas de lixo nos son suficientes.

O alcalde cervense dixo que esta nova incorporación de material vai servir tamén para poder cubrir o déficit de colectores que viña sufrindo o Concello en determinadas épocas coma o verán, “cando a nosa poboación aumenta coa chegada de visitantes e pensamos que con estes novos colectores poderemos solucionar os posibles problemas que se nos poidan presentar neste sentido” recoñeceu Villares

Ao marxe destes colectores, o Concello de Cervo está tamén facendo xestións diante dos responsables de Medio Ambiente de cara a conseguir máis colectores de recollida selectiva de papel, vidro e de envases lixeiros. “Na nosa intención está mellorar, potenciar e promover a recollida selectiva de lixo. actualmente no nosos concello existen colectores específicos para a recollida de aceites, pilas, envases lixeiros, papel e vidro, ademais claro está dos colectores de materia orgánica e neste senso quero sinalar que dende o Concello estamos a elaborar un estudo para valorar as necesidades que teñen nesta materia os distintos núcleos e parroquias do municipio e tentar así corrixir as posibles eivas e mellorar a calidade do servizo” indicou o alcalde.

Exit mobile version