Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo homenaxeará parellas con máis de 50 anos de unión no Día do Xubilado e viúvas e viúvos para o ano

CERVO .- O Concello de Cervo homenaxeará ás parellas con máis de 50 anos de unión na xxvii edición do día do xubilado e a a vindeira edición do Día do Xubilado teñen previsto adicarllo ás viúvas e viúvos.

Nota de Prensa

O CONCELLO DE CERVO HOMENAXEARÁ ÁS PARELLAS CON MÁIS DE 50 ANOS DE UNIÓN NA XXVII EDICIÓN DO DÍA DO XUBILADO

Cervo, 14 de abril de 2010.- A delegación de Asuntos Sociais do Concello de Cervo, que dirixe a edil Pilar Armada Carrete, ten previsto homenaxear ás parellas que leven 50 anos ou máis casados aproveitando a celebración da vindeira XXVII edición do Día do Xubilado.

“Pensamos que sería unha boa idea adicar a partir de agora a celebración a un colectivo dentro das persoas maiores” sinalou a edil cervense, que tamén adiantou que na vindeira edición do Día do Xubilado teñen previsto adicarllo ás viúvas e viúvos.

“Non vai ser máis que un pequeno recoñecemento, pero queremos que se leven un bo recordo e para iso a mellor data é facelo coincidindo coa festividade dos seus coetanios de xeración” sinalou Armada.

Neste senso a edil de Asuntos Sociais fixo un chamamento para que todas aquelas parellas do concello con 50 ou máis anos de unión sentimental que desexen ser partícipes desta homenaxe deben acudir á Casa do Concello ou á Casa da Cultura de San Ciprián para que a organización saiba o número de parellas ás que se agasallará no transcurso dos actos de celebración do Día do Xubilado.

O prazo de inscrición das parellas interesadas rematará  o vindeiro venres, día 16, coincidindo tamén coa data límite para todas aquelas persoas maiores que queiran participar nos actos de celebración do Día do Xubilado.

Ao igual que en anos anteriores, a vixésimo sétima edición do Día do Xubilado do Concello de Cervo terá lugar o vindeiro 1 de maio e que contará con moi diversas actividades entre as que se atopa o tradicional xantar de confraternidade.

Exit mobile version