Site icon Crónica3.com A Mariña

Contéstalle o PP ao PSOE que a Mariña gañou co novo goberno da Xunta

NOTA DE PRENSA:
Ismael Rego, deputado no Parlamento, foi substituído por un descoñecido cordinador comarcal, de menor relevancia, para efectuar o balance de xestión da nova Xunta
O PSOE É CONSCIENTE DE QUE A MARIÑA GAÑOU NO PRIMEIRO ANO DE GOBERNO FEIJÓO E POR ISO OS SEUS PRINCIPAIS DIRIXENTES NON DAN A CARA

* En menos de quince liñas os socialistas despachan 365 días de Goberno, criticando precisamente os ámbitos no que peor o fixo o bipartito: infraestruturas, sanidade e educación.

A Mariña, 19 de abril de 2010.- O Partido Popular considera moi significativo que o balance feito polo PSOE comarcal ao respecto do primeiro ano de Goberno de Alberto Núñez Feijóo non estea efectuado polo parlamentario socialista pola Mariña, Ismael Rego, senón por un descoñecido coordinador comarcal, isto é, por un portavoz de moito menos peso político e de pouca relevancia no organigrama do partido. A devandita situación demostra -en opinión dos populares- que os socialistas “non teñen nada que dicir, nin posición que defender, conscientes de que A Mariña lucense gañou co cambio de Goberno e coa marcha do bipartito”-concluíu Balseiro

Entenden como “especialmente chamativo” que os socialistas se limiten a publicar unha nota de valoración de menos de quince liñas para falar da nosa comarca e na que ademais critican precisamente os ámbitos nos que peor o fixo o bipartito: infraestruturas, sanidade e educación.

“O mesmo PSOE que desde o Goberno central paraliza a execución do corredor no seu treito estatal (San Ciprián-Barreiros) cuestiona o traballo da Xunta actual, pese a ser a que por primeira vez na historia foi un Goberno do PP o que adxudicou o primeiro treito en obras na provincia de Lugo (o treito San Ciprián-Celeiro). Falan tamén do Hospital, cando o bipartito foi incapaz de desenvolver unha soa mellora en catro anos, e o PP xa comprometeu tres obras distintas. E falan de sanidade, non para pedir perdón por toda esa xente á que o bipartito escondía da lista de espera oficial, negándolle a asistencia médica debida, senón para criticar que agora sexa un dato real e si se lles preste este servizo público”

Os populares afirman que a mellor proba de que o PP o está a facer ben na Xunta é o desinterese e a falta de iniciativa que amosa o PSOE despois dun ano de Goberno e, de xeito, especial que “os seus primeiros espadas, como é o deputado no Parlamento de Galicia Ismael Rego, non se atrevan a dar a cara”.

Exit mobile version