Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Cervo continúa explicando o deterioro da traida de auga quente á piscina municipal

CERVO .- Continúa o goberno municipal de Cervo dando expliacións sobre o deterioro da traida de concensado dende Alcoa a piscina municipal. Nesta ocasión sale o paso das declaracións feitas polo grupo socialista nesta corporación nas que acusaba ao alcalde, Alfonso Villares, de faltar á verdade en relación aos motivos que xeraron a rotura da tubaxe de condensados que subministra calor á piscina municipal.

Nota de Prensa

OS SOCIALISTAS CERVENSES SON UNS IGNORANTES Á HORA DE INTERPRETAR FOTOS

Cervo, 24 de abril de 2010.- O grupo municipal de Goberno do Concello de Cervo quere saír ao paso das declaracións feitas polo grupo socialista nesta corporación nas que acusaba ao alcalde, Alfonso Villares, de faltar á verdade en relación aos motivos que xeraron a rotura da tubaxe de condensados que subministra calor á piscina municipal.

O escrito difundido polos socialistas denota, por unha banda, a repentina afección dalgún dos seus membros pola fotografía, e por outra, deixa en evidencia a total ignorancia dos membros desta formación política á hora de interpretar o que esas fotos reflicten.

Cumpre lembrar que as declaracións do alcalde dicindo que o tubo de condensado estaba enterrado en terra foron feitas despois de escoitar as explicacións dos técnicos encargados de avaliar os danos da rotura. Neste senso non temos máis que reiterar e ampliar os argumentos xa coñecidos: a rotura do tubo de condensado debeuse ás deficiencias de construción da canalización que subministra vapor á piscina dende Alcoa.

Existía un tubo de cemento cubrindo a rede danada que transporta o vapor tal e como din os socialistas? Si, aí estaba, aínda que era como si non o houbera. A tubaxe de vapor debería estar en suspensión dentro do tubo de fibrocemeto, pero en lugar diso estaba pousada dentro do tubo. A isto hai que engadirlle que as distintas seccións do tubo de fibrocemento non estaban selladas entre si e por elas estívose filtrando durante 13 anos terra e auga procedente da chuvia e tamén dun sumidoiro da rede municipal polo que pasaba o trazado orixinario desta tubaxe.

As consecuencias de toda esta chapuza son as xa coñecidas: a degradación e corrosión prematura da tubaxe de vapor do condensado debeuse a unha pésima construción que tivo como resultado que a que canle do subministro de vapor estivera pousada na terra, digan o que digan os socialistas..

Afortunadamente isto xa está solventado e agora a canle de vapor do condensado sí transcorre en suspensión dentro dun tubo de microcemento selado hermeticamente para que non entre nel terra ou humidade.

Por último, queremos lembrarlle aos integrantes do Partido Socialista que a diferencia deles, no grupo de Goberno local somos máis comedidos e prudentes á hora de facer xuízos de valor de xeito tan categórico so con ver unha imaxe. Sabemos tamén que as veces hai xente que se enche de ousadía a consecuencia da súa ignorancia. Afortunadamente non é o nosos caso, aínda que vendo as últimas declaracións dos socialistas non poderíamos a asegurar o mesmo deles.

Exit mobile version