Site icon Crónica3.com A Mariña

Empezou a funcionar o alumeado público da rúa do Vilar de Cervo

CERVO .- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, deu a coñecer hoxe que na tarde-noite de onte entrou en funcionamento o alumeado público na Rúa do Vilar, en Cervo.

Segundo indicou o rexedor, as obras consistiron na colocación de luminarias ao longo dun dos marxes desta rúa de recente creación e de expansión urbanística situada no núcleo de Cervo, onde dun tempo a esta parte se están a construír vivendas unifamiliares e que cada día é mais utilizada polos veciños deste núcleo de poboación como zona de esparexemento e de paseos.

O novo alumeado foi executado con fondos municipais e está provisto dun sistema de aforro enerxético que contribuirá a reducir o gasto de electricidade “algo moi necesario e importante nestes tempos que corren de crise” indicou Alfonso Villares, quen puntualizou que este aforro enerxético non verá minguada a potencia lumínica de ditos farois.

O alcalde indicou que esta actuación está enmarca dentro dos traballos levados a cabo polo equipo de Goberno local na mellora e actualización dos alumeados do municipio, co obxectivo de conseguir unha modernización dos distintos puntos de luz públicos mediante a eficiencia lumínica e o aforro enerxético. “O que pretendemos dende o equipo de goberno é continuar coa nosa labor e obriga de ir dotando paulatinamente dos servizos básicos necesarios a os distintos lugares do noso termino municipal, para que todos os veciños do noso concello podan dispoñer destes servizos nas mesmas condicións, independentemente de onde vivan” engadiu.

Exit mobile version