Site icon Crónica3.com A Mariña

Entende o PP de Burela que “o concello debe tirar pola Fundación Expomar”

NOTA DE PRENSA
O PP afirma que o concello destina cero euros para a Fundación EXPOMAR en 2010.

Fernández Valle e Pernas Chao entenden que “o concello debe tirar pola Fundación”.

Lembran que o PP consignaba doce mil euros anuais nos presupostos municipais.

O GMPP de Burela lamenta que o bipartito burelés non se implique convenientemente co funcionamento e coas actividades da Fundación EXPOMAR, dado que, segundo manifestaron hoxe os concelleiros Manuel Fernández Valle e Pablo Pernas Chao, o concello non tén prevista ningunha aportación económica á Fundación para o presente ano 2010 tal e como consta nos propios presupostos municipais en vigor.

Os concelleiros populares lembraron que co PP no goberno municipal os presupostos municipais sempre consignaron unha asignación mínima de doce mil euros para dotacións da Fundación EXPOMAR, fose ano de feira ou non, porque a Fundación “hai que mantela e ademais tén actividade todo o ano, como as Xornadas ou mesmo Produart”.

Fernández Valle e Pernas Chao consideran que o concello é “o auténtico patrón da Fundación EXPOMAR. Hai máis patronos, a Confraría, ABSA, a CEL, a Cámara de Comercio, etc., pero quen tén a obriga de tirar literalmente pola Fundación é o Concello, e non o está a facer, vistas as aportacións municipais de 2009 e de 2010”.

Por eso, segundo os concelleiros do PP, tén ainda máis mérito a aportación que fai a Xunta, “aportación xestionada directamente desde o PP burelés, mentres o concello se limita a sair na prensa pedindo financiación e o propio presidente da Fundación, o alcalde, só fala deste asunto unha sóa vez. Sería un grandísimo erro usar a Fundación EXPOMAR como arma política cando sempre se soubo distinguir perfectamente a actividade da Fundación de outras circunstancias”.

Por eso, o Grupo Popular, segundo manifestaron Fernández Valle e Pernas Chao, presentarán unha moción na que solicitarán unha modificación dos presupostos do concello de Burela para que a Fundación EXPOMAR conte con, alomenos, unha aportación de doce mil euros para o presente ano 2010 procedentes do seu patrono fundador, é decir, o Concello.

Exit mobile version