Site icon Crónica3.com A Mariña

Esplendor de San Martiño

Ó longo da súa mais que milenaria existencia, o histórico cenobio de San Martiño de Mondoñedo coñeceu épocas de esplendor, de prosperidade ou encumbramento , así como de decadencia, de desolación, destrución e mesmo de esquecemento. No pratiño negativo da balanza podemos situar, como referencia clave, o 28 de febreiro de 1860 hai 150 anos. Sucedeu aquel día que se afundiu totalmente o teito da nave central e con él o coro, e como os ábsides estaban, xa de vello, rachados, os técnicos enviados pola Administración aconsellaban derrubar a igrexa e no seu lugar edificar unha nova. O cura párroco, non conforme co veredicto dos profesionais, plantexoulle ó bispo o seu rexeitamento ó mesmo e fíxolle ver a necesidade de conservar integramente o que era baluarte da historia, da cultura e da arquitectura pre-románica galega da que é exemprar único O bispo contactou con Francisco Lanteiro, mestre de obras de Mondoñedo que se encargou de reparar o estropicio e garantir a permanencia do monumento, para o que houbo de construír os contrafortes que, se resultan pouco ortodoxos no conxunto, foron á postre, os que salvaron a xoia focega. O remate das obras permitiu que en 1866 se celebrase na igrexa a festividade de San Martiño.

Pasaron moitos anos sen recibir atención algunha; o paso do tempo deixa as súas pegadas e prodúcese o deterioro. Polos anos 60 do século pasado o cura párroco, don José Mª Pérez Gutierrez clamaba polas precisas obras de restauración e conservación da que él chamaba a “cuna olvidada”. E logrouno; e volveron para o cenobio tempos de maior esplendor coas notables e transcendentais melloras… pero o ciclo, imparable, repítese e volvía a decadencia que o paso do tempo, irresistible, impón. Hoxe San Martiño vive outra etapa de esplendor: as importantes obras nas que está sumido, aínda sen rematar; a racente celebración do Ano Rosendiano, na que tivo un sinalado protagonismo; a súa designación como Basílica, as valiosas pinturas murais descobertas; a reivindicación como lugar de paso de peregrinos, etc., fai que hoxe e en tempos vindeiros, San Martiño viva o seu máximo esplendor.

Exit mobile version