Site icon Crónica3.com A Mariña

Eu tamén son Garzón

Baltasar Garzón convértese na primeira persoa da historia de España que sentará nun banco polos crimes do franquismo. Por intentar investigalos, por suposto. Como acusación figura Falanxe Española. Entre os xuíces que participaron na rechamante decisión, destaca un maxistrado que compaxina o Supremo español coa Irmandade do Val dos Caídos. No Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ), que pronto decidirá a súa saída da Audiencia Nacional, senta a xuíza que deu ás á conspiración do ácido bórico. O vicepresidente do CGPJ é un ex conselleiro de Xustiza da Generalitat valenciana, amigo íntimo de Camps.

É moi posible que a democracia secuestrada suspenda esta mesma semana ao Xuíz Baltasar Garzón -un xuíz valente que perseguiu a corrupción, a mafia, o tráfico de drogas e os crimes do franquismo, ese xuíz ao que odian os antidemócratas de esquerda e de dereita- , de parte de Falanxe das JONS e o PP. Se ocorre, ás 20:00 horas, na rúa Xénova, xunto á Audiencia Nacional.

Lin por aí a comparanza da campaña contra o xuíz Garzón cun porco de ceba galego, do porco e na matanza saen chourizos, roxóns, morcillas, bos xamóns, lacóns costelas, corada, riles, callos, pingo, touciño e moitos cortan tallada. Aprovéitase todo. O desenlace final, a súa saída da Audiencia Nacional pola porta de atrás da inhabilitación temporal, parece xa tan inevitable que a única incógnita é a data; que o Supremo saltou a Semana Santa quizabes para que non se comparara a particular paixón do xuíz.
Co seu case segura caída gañan os franquistas, que deixan claro que o atado e ben atado non era ningunha metáfora. Gaña o PP, que demostra que a Xustiza é súa e que o seu non se toca. Gana Jaume Matas, que xa apunta á nulidade das súas escoitas coa Gürtel como exemplo. E por suposto gaña Correa, gaa Pablo Crespo, gaña o Bigotes, gaña Bárcenas e gañan o resto dos imputados nun das maiores casos de corrupción da década, unha lamallada de merda podrida onde hoxe xa respiran moito mellor.

Unha inxustiza en España. Así titula The New York Estafes a alegación en defensa de Baltasar Garzón que publica hoxe. Nun duro editorial contra a causa aberta contra o maxistrado, que cualifica de “politicamente motivada”, o prestixioso diario afirma: “Os crimes reais neste caso son as desaparicións [durante a guerra civil e a ditadura franquista], non a investigación de Garzón”.
“España necesita unha explicación honesta da súa turbulento pasado, non perseguir a aqueles que teñen o valor de esixila”, afirma o xornal neoiorquino.

Segundo o NYT, a querela contra o xuíz da Audiencia Nacional debería ser rexeitada polos tribunais. A posible suspensión nas súas funcións por 20 anos á que se enfronta “compracería aos seus inimigos políticos, pero sería unha parodia da xustiza”.

O diario argumenta que se, como parece probable, as desaparicións de máis de 100.000 persoas durante a represión franquista son crimes contra a humanidade de acordo co Dereito Internacional, a lei de amnistía de 1977, que Garzón ignorou deliberadamente segundo o xuíz Luciano Varela, “non pode absolvelos legalmente”.

Unha condena a Garzón, a quen o NYT cualifica de xuíz “arriscado e controvertido que se granxeou moitos inimigos”, “acabaría de feito cunha carreira dedicada a facer que terroristas e ditadores paguen polos seus crimes”.

Aínda que ao xuíz “atráenlle os casos notorios e algunhas veces se extralimita”, “o seu obxectivo constante foi negar a impunidade aos poderosos e estender o ámbito das leis internacionais sobre dereitos humanos”, afirma o diario. Por iso, “deberíase permitir a Garzón volver a ese traballo canto antes”.

The Economist

O resto da prensa internacional tamén se fai eco do proceso contra o xuíz español. “O Generalísimo Francisco Franco, ditador de España durante 36 anos, seguramente se estará rindo na súa tumba”, empeza un artigo do semanario económico británico The Economist titulado ‘Judge not’: non Xulgues.

“O caso é outra proba da tendencia de Garzón a actuar como pararraios dos temas que máis inquedan ao país”, di o artigo. “A corrupción, o terrorismo, o delito organizado e, agora, a pantasma do violento pasado español pasaron baixo o escrutinio do maxistrado, de 54 anos. A súa decisión de probar as atrocidades franquistas tomouse varios anos despois de que as familias das vítimas comezasen as súas propias investigacións, desenterrando as fosas comúns deixadas polos escuadróns de morte e expoñendo as inxustizas dun doloroso período que o resto do país envolvera en silencio. Os detractores de Garzón sosteñen que está máis interesado en promoverse a si mesmo que na causa da xustiza”.

Le Monde

O diario francés, nun artigo asinado polo xornalista Jean Jacques Bozonnet, resume as actuacións contra Garzón do seguinte modo: “O proceso do xuíz basearase en argucias de procedemento, pero o que atrae á prensa é a súa dimensión política”

Süddeutsche Zeitung

O diario alemán publica un artigo de opinión de Javier Cáceres titulado ‘Vítima dos poderosos’. “Á marxe de que esta postura deféndena recoñecidos xuristas e, polo tanto, a acusación de prevaricación contra Garzón quedaría neutralizada, o feito de que Garzón vaia sentar nun banco debido a unha acusación presentada polos herdeiros ideolóxicos de Franco, entre eles o partido fascista Falanxe, resulta escandaloso”, di. “O caso de Garzón é ademais un novo exemplo da nefasta politización da xustiza española. Así pois, o que se está facendo con Garzón debe servir como exemplo: Ninguén se enfronta cos poderosos sen ser castigado por iso”.

Quixen traer aquí o que din de nos por aí fóra en relación con este tema e quero por último recordar algúns dos nomes de persoas de bisbarra paseados por falanxistas de aquí, dos que case todos morreron, coma Franco, nas súas camas, en recordo deles e dando gracias a Garzón:

Carlos Morris Soriano Pase, Home de 56 anos, Militar Veciñanza: Viveiro (Lugo)
Natural de Valencia. Comandante de infantería de mariña retirado e concelleiro da FP en Viveiro Morto o 24 de agosto de 1936 Morte por disparos nun traslado de Ferrol a Viveiro.

Domingo Galán Jambrina “Zamorano” Paseo Home de 38 anos, Mineiro Veciñanza: Vieiro, Viveiro (Lugo) Natural de Zamora Morto o 20 de setembro de 1936 Morte rexistrada en Cobas-Viveiro a causa de disparo de arma de fogo.

José Martínez González Paseo Home de 37 anos Natural de Ourol (Lugo) Morto o 09 de marzo de 1938  Morte rexistrada en Muras a causa de tentativa de fuga tirándose do coche cando era conducido pola “Fuerza Pública”. Aparición do cadáver no KM 14 da estrada de Cabreiros a Viveiro.

José María Almoina Chao Paseo Home de 27 anos, Miñeiro Natural de Viveiro (Lugo)
Veciñanza: Vieiro,
Viveiro (Lugo) Morto o 06 de agosto de 1936 Morte rexistrada en Vieiro-Viveiro a causa de disparo de arma de fogo.

Severino Bouza Pardo “Prin” Paseo Home de 40 anos, Ferreiro Natural de Viveiro (Lugo)
Veciñanza: Galdo,
Viveiro (Lugo) Morto o 08 de novembro de 1936 Fuxido. Xulgado co resultado de declaración en rebeldía. Morte rexistrada en Galdo-Viveiro a causa de disparo de arma de fogo.

Emilio Manuel Timiraos Cervo Execución Home de 28 anos, Carpinteiro Natural de Viveiro (Lugo) Veciñanza: Viveiro (Lugo) UGT e PCE, Secretario Sindical do Radio Comunista de Viveiro. Secretario da UGT Morto o 29 de abril de 1937 Xulgado por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Lugo.

Germán Cervo Maseda Execución Home de 33 anos, Mariñeiro Natural de Viveiro (Lugo)
Veciñanza: Mogor,
Mañón CNT e PCE, Sindicato da Industria Pesqueira do Barqueiro
Morto o 16 de abril de 1937 Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado de sentenza a pena de morte. Execución no Castelo de San Felipe-Ferrol.

Manuel Timiraos Cervo Execución Home de 33 anos, Mariñeiro Natural de Viveiro (Lugo)
Veciñanza: Viveiro,
Viveiro (Lugo) CNT, Afiliado ao SIP de Celeiro. Morto o 10 de novembro de 1936 Xulgado en Lugo por rebelión co resultado de sentenza a pena de morte. Execución nas tapias do Cemiterio Municipal de Lugo.

Casimiro Pérez Martínez Morte (outras tipoloxías) Home de 43 anos, Carabineiro Veciñanza: Ribadeo (Lugo) Natural de León Morto o 23 de xullo de 1936 Morte rexistrada en Ribadeo a causa de “lucha armada”

José Cantalapiedra Caparrós Paseo Home de 28 anos, Xornaleiro Veciñanza: Ribadeo (Lugo)
Natural de Santander Morto o 01 de setembro de 1936 Morte rexistrada en Ribadeo a causa de hemorraxia producida por ferida de arma de fogo

Juan Antonio Ardao Seijido Paseo Home de 20 anos, Delineante Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ribadeo,
Ribadeo (Lugo) Morto o 09 de agosto de 1936 Morte rexistrada no Hospital de Ribadeo a causa de hemorraxia producida por ferida de arma de fogo.

Justo Fernández Couto Morte (outras tipoloxías) Home de 26 anos, Chofer Veciñanza: Ribadeo (Lugo) mrto o 23 de xullo de 1936 Morte rexistrada en Ribadeo a causa de “lucha armada”.

Manuel Tella Morte (outras tipoloxías) Home de 60 anos, Xornaleiro Natural de Navia de Suarna (Lugo) Veciñanza: Ribadeo, Ribadeo (Lugo) Morto o 23 de xullo de 1936 Morte rexistrada en Ribadeo a causa de “lucha armada”.

Manuel Mon Miranda Morte (outras tipoloxías) Home de 45 anos, Carabineiro
Veciñanza:
Ribadeo (Lugo) Morto o 23 de xullo de 1936 morte rexistrada en Ribadeo a causa de “lucha armada”.

Manuel Torviso Barata “O Chacho” Paseo Home de 14 anos, Xornaleiro/a , natural de Ribadeo (Lugo) Veciñanza: Ribadeo (Lugo) Morto o 27 de xullo de 1936 Morte rexistrada en Ribadeo por estrangulación e hemorraxia.

Ramón Luis Crespo Rodas Morte (outras tipoloxías) Home de 26 anos, Xornaleiro/a Natural de Ribadeo (Lugo) Veciñanza: Ribadeo, Ribadeo (Lugo) PSOE, Directivo da Agrupación Local do PSOE Morto o 23 de xullo de 1936 Morte rexistrada en Ribadeo a causa de enfrontamento coas tropas golpistas.

Rosalía Alonso Lastra Morte (outras tipoloxías) Muller, Traballo na casa Veciñanza: Ribadeo, Ribadeo (Lugo) Morto o 23 de xullo de 1936 Morte rexistrada a causa de hemorraxia. Lugar de aparición do cadáver: a súa casa. Alcanzada por un balazo cando estaba debruzada nunha varanda, durante os enfrontamentos en Ribadeo entre os sublevados e os leais á República.

Vicente Muíño Tojeiro Morte (outras tipoloxías) Home de 26 anos Natural de Cedeira (A Coruña) Veciñanza: Ribadeo, Ribadeo (Lugo) Morto o 23 de xullo de 1936 Morto nos enfrontamentos da toma de Ribadeo polos militares golpistas. Rexistrado morto en Ribadeo a causa de loita armada.

Antonio María Martínez López Paseo Home de 32 anos, Labrego/a Natural de Ribadeo (Lugo)
Veciñanza: Vilaframil,
Ribadeo (Lugo) PSOE, Directivo do PSOE en Ribadeo
Morto o 12 de setembro de 1936 Fuxido e morte, á 1, a causa de hemorraxia cerebral e perforación intestinal. Aparición do cadáver en Prado dos Remedios-Mondoñedo. Inscrito inicialmente como descoñecido e identificado o 28-01-1940.

Enrique Navarret García Paseo Home, Mariñeiro Veciñanza: Ribadeo (Lugo)
Membro da Sociedade obreira Morto o 12 de setembro de 1936 Fuxido e morte rexistrada no Prado dos Remedios-Mondoñedo a causa de feridas de arma de fogo na nuca e no tórax. Inscrito inicialmente coma descoñecido e identificado o 8-2-1979.

Graciano Paz Amieiro Paseo Home de 45 anos, Follalateiro/a Natural de Mondoñedo (Lugo)
Veciñanza: R/ Bispo Sarmiento 11,
Mondoñedo (Lugo) Morto o 11 de xaneiro de 1938 Morte, ás 4 ou 5, rexistrada en Mondoñedo a causa de traumatismo por arma de fogo. Aparición do cadáver na Travesa dos Remedios.

José Antonio Díaz Álvarez Paseo Home de 39 anos, Obreiro/a Natural de Ribadeo (Lugo)
Veciñanza: Obe,
Ribadeo (Lugo) Morto o 20 de setembro de 1936 Morte, ás 21, rexistrada en Mondoñedo a causa de disparo por arma de fogo na caluga. Aparición do cadáver no Barrio das Prazas-Argomoso .

Manuel Rodríguez Núñez Paseo Home de 48 anos, Dependente Natural de Mondoñedo (Lugo)
Veciñanza: R/ Febreiro,
Mondoñedo (Lugo) Morto o 11 de xaneiro de 1938 Morte, ás 4 ou 5, rexistrada en Mondoñedo a causa de traumatismo por arma de fogo. Aparición do cadáver na Travesa dos Remedios.

Non están todos pero é necesario recordalos e seguir co que empezou Garzón.
Alfonso Otero Regal

Exit mobile version