Site icon Crónica3.com A Mariña

Insiste o PP de Burela no que “gastaron en gastos” no goberno municipal

Nota Prensa

O GMPP de Burela: “a liquidación do presuposto de 2009 confirma que o bipartito gasta sen control político”.

Os populares din que a documentación confirma que non había cartos para as axudas dos corenta euros.

Aseguran que o bipartito gasta para sacar rédito político.

O GMPP de Burela manifestou hoxe que a liquidación do presuposto de 2009 ratifica unha por unha as denuncias que os populares fixeron ó longo do ano pasado sobre ausencia de rigor político no gasto dos cartos de todos os cidadáns.

Os populares tiñan manifestado que non había contratos para pagar certos servicios. Na documentación faise constar que “…se realizaron unha serie de gastos que correspondían coa realización de cursos ou actividades sen que previamente se aprobase o procedemento legalmente establecido para a súa contratación administrativa…”.

Por parte do PP tamén se denunciou que se aprobaban gastos sen a debida consignación orzamentaria, e que actividades musicais e as axudas dos corenta euros non tiñan cartos no momento da súa realización. Pois ben, na documentación di claramente que “…determinados gastos foron aprobados a finais de ano, nun decreto de 30 de Decembro de 2009…actividades e servicios que se prestaron carecendo de consignación no momento da súa realización… en cantgo a actuacións musicais das festas, orquestras, actividades da delegación de cultura, deportes, axudas dos 40 euros…”. O PP lembra que as axudas dos corenta euros ainda están, a día de hoxe, sen pagar, e Nieves Cando, a día de hoxe, ainda non deu ningunha explicación, o que demostra a súa cobardía política.

Tamén tiña denunciado o GMPP que se estaban fraccionando pagos para non facer contratos administrativos. A documentación indica claramente que “se formalizaron varios expedientes de contratación menor, para o mesmo obxecto, polo que se está fraccionando o obxecto do contrato, e se debería aprobar un procedemento negociado, polo que se está a incurrir en fraude de lei”.

Pois ben, a conclusión do GMPP é  contundente: o bipartito gasta alegremente e sen ningún tipo de rigor político os cartos de todos os cidadáns; e ademais gástaos coa finalidade absolutamente partidista e de sacar rendabilidade política. Eso queda demostrado cos practicamente cen millóns de pesetas que se gastaron en gastos diversos, sen ningún tipo de control político.

E todo esto tén un responsable, que é o alcalde. Como tal, tén que ser el quen poña orden dentro do bipartito, cousa que non fai porque de facelo podería ter problemas para rematar a lexislatura. Unha persoa débil, con pouca ou nula dedicación ó traballo, é incapaz de facer o que tén que facer: gastar os cartos de todos con moito sentidiño, porque os poñemos entre todos. Serva de exemplo o enorme retraso no pago ás empresas de recollida de lixo, cando resulta que todos os cidadáns pagamos puntualmente os nosos recibos.

Eso sí, mentres se pagan determinadas cousas e actividades, moitos empresarios de Burela están agardando a que se lle paguen as facturas que se lles adeudan.

Exit mobile version