Site icon Crónica3.com A Mariña

Interésase o BNG polo apreixamento do barco de Celeiro “Minchos II”

NOTA DE PERNSA:
O BNG PREGUNTA NO PARLAMENTO POLO APREIXAMENTO DO BARCO MARIÑAO MINCHOS VII EN IRLANDA

O Parlamentar nacionalista Bieito Lobeira quere coñecer que xestións está a facer a Consellaría de Pesca para a liberación do buque e a súa tripulación

Lobeira argumenta que a diferenza de interpretación na medición da malla do aparello debe rematar por causar enormes inseguranzas no sector pesqueiro galego

A Mariña, 13 de abril de 2010. O parlamentar nacionalista Bieito Lobeira ven de presentar unha iniciativa no parlamento para coñecer as xestións que está a facer a Consellaría de Pesca en relación ao apreixamento do pesqueiro con base en Celeiro Minchos VII e os seus 12 tripulantes.

Ademais Lobeira quere coñecer que está a facer a Consellaría en relación as diferentes interpretacións sobre a medición de mallas do aparello que está a causar numerosos apreixamentos e retencións de buques galegos en augas irlandesas, precisando que compre estabelecer unha regras de xogo que eviten a inseguridade coa que faenan os nosos buques nestas augas.

Achégase iniciativa axunta.

Exit mobile version