Site icon Crónica3.com A Mariña

Nenos de Barreiros e Foz plantaron 20 árbores frutais nas inmediacións do albergue de Gondán

BURELA (FNC) .- Uns 250 escolares de Barreiros e de Foz prantaron 20 árbores esta mañá nas inmediacións do albergue de Gondán. Segundo explicou o alcalde, Alfonso Fuente, “ao final puxemos árbores frutais porque esta é a mellor época para a súa plantación, en lugar de poñer castiñeiros. Hai cerdeiras, mazairas e pereiras”. Os nenos dos dous colexios de Barreiros agradeceron a participación no acto dos seus compañeiros do Martínez Otero de Foz que acudiron acompañados por profesores e por membros da APA. O rexedor sinalou que “estamos encantados de compartir esta xornada cos nenos de Barreiros e cos de Foz, con eles celebramos o día da árbore e tamén o día do libro. Todos recibiron en agasallo xentileza de Sogama e asistiron a unha proxección sobre a rasa cantábrica”.

Participaron neste acto xunto co alcalde de Barreiros, o concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente; a concelleira de Familia, Mª del Mar Sante, e o edil de Obras, Lorenzo Penabad.

Estrada Reme-Vilamar

Por outra banda, Fuente Parga amósase sorprendido das críticas vertidas desde o BNG “e que falen agora da estrada Reme-Vilamar e me sorprende porque antes de formar parte do bipartito na Xunta xa reivindicaran o arranxo deste vial, estiveron catro anos no goberno e non actuaron sobre ela a pesares de telo demandado antes de estar aí.

O rexedor dí que “é curioso que se pida que se fagan máis cousas que un simple arranxo do aglomerado, cando en catro anos non foron case capaces de tapar as fochancas. Os veciños de Cabarcos saben que se vai arranxar, se está a redactar o proxecto e é posible que este ano xa quede lista esa estrada co seu alumeado e cun bo estado no firme. Agora é certo que está nun estado bastante intransitable e con bastantes fochas”.

Exit mobile version