Site icon Crónica3.com A Mariña

NNXX de Burela consideran “fundamental” a participación da xuventude na vida política

NOTA DE PENSA:
A Xestora de Novas Xeneracións de Burela define funcións e planifica traballo na súa primeira reunión.

Consideran “fundamental” a participación da xuventude na vida política.

A Xestora de Novas Xeneracións (NNXX) de Burela mantivo nos últimos días unha reunión para definir as funcións que cada un dos seus membros vai levar a cabo e para planificar o traballo de cara a lograr a implicación da xuventude no seu proxecto político..

Para os membros de NNXX de Burela, “os xoves apoian a nosa opción política, e polo tanto queremos convertirnos no referente da xuventude no que a ese campo se refire”. Para os membros de NNXX de Burela, “a participación da xuventude na vida política é fundamental, e nós partimos coa idea de participar activamente na vida política do partido ó que pertencemos”.

As funcións de cada un dos membros da xestora quedaron máis definidas de cara a conformar un equipo de traballo que, tendo en conta en todo momento as responsabilidades persoais, actúe como equipo perfectamente coexionado.

NNXX de Burela “abre desde este mesmo momento unha campaña de afiliación, invitando a todos os xoves da localidade que tepñan inquedanzas políticas a que participen activamente no proxecto de NNXX”.

NNXX de Burela aproveitou a reunión para felicitar ó equipo femenino do Burela Fútbol-Sala por ter acadada a honra de xogar a Copa de España. “Para elas a nosa felicitación, porque é a primeira vez que un colectivo deportivo burelés e mariñán logra tal obxectivo”.

Exit mobile version