Site icon Crónica3.com A Mariña

No último mes o paro na Mariña aumentou en 17 persoas

A MARIÑA.- A 31 de marzo de 2009 no Pacto Territorial de Emprego rexístranse un total de 4.570 persoas paradas. Este valor é 17 persoas máis elevado que o rexistrado o 28 de febreiro de 2009. Con este incremento numérico o incremento porcentual é do 0,37%. Valor claramente peor que a variación mensual rexistrada fai un ano, cando o paro descendía no conxunto do Pacto un 0,32%.

OBSERVATORIO DO PARO (MARZO 2010)

Este informe foi elaborado polo Observatorio do paro da UPD do Pacto Territorial de Emprego da Mariña.

Ámbito: Pacto Territorial de Emprego da Mariña, que abrangue o territorio dos seguintes concellos: Alfoz, Barreiros, Cervo, Foz, Xove, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Burela. Os datos do Pacto compáranse cos da Provincia de Lugo e con Galicia.

Fonte de datos utilizada neste informe: Consellería de Traballo e Benestar (informe mensual do paro rexistrado)

VARIACIÓN DO PARO REXISTRADO NO PACTO TERRITORIAL, LUGO E GALICIA

Ambito PARO

MARZO 2010

VARIACIÓN

INTERANUAL1

% VARIACIÓN

INTERANUAL

VARIACIÓN

MENSUAL2

% VARIACIÓN

MENSUAL

% VARIACIÓN

MARZO 2009 – FEBREIRO 2009

PACTO 4.570 490 12,01 17 0,37 -0,32
LUGO 22.606 2.735 13,76 129 0,57 0,94
GALICIA 236.449 24.965 11,80 2.278 0,97 2,38

Táboa: Paro rexistrado, variación interanual, mensual en 2010 e mensual en 2009

A 31 de marzo de 2009 no Pacto Territorial de Emprego rexistranse un total de 4.570 persoas paradas. Este valor é 17 persoas máis elevado que o rexistrado o 28 de febreiro de 2009. Con este incremento numérico o incremento porcentual é do 0,37%. Valor claramente peor que a variación mensual rexistrada fai un ano, cando o paro descendia no conxunto do Pacto un 0,32%.

En Lugo e Galicia o paro tamén aumentou no derradeiro mes. Pero os seus aumentos porcentuais son maiores que os que se rexistran no Pacto. Aunque no caso de Lugo e Galicia o comportamento rexistrado no derradeiro mes é mellor que o rexistrado no mes de marzo de 2009.

Nos derradeiros doce meses os parados do Pacto vironse incrementados en 490 persoas, o que é un 12,01% mais de paro en marzo de 2010 que no mesmo mes do 2009.

Comparando o comportamento do paro do Pacto co de Lugo e Galicia, vemos que ten un comportamento intermedio, aumenta mais que Galicia e menos que Lugo.

A variación do paro segundo sexo é a seguinte:

ÁMBITO

HOMESPARADOS VARIACIÓN MENSUALHOMES % VARIACIÓNMENSUAL

HOMES

MULLERES PARADAS VARIACIÓN MENSUAL MULLERES % VARIACIÓN MENSUAL MULLERES
PACTO 2.059 -1 -0,05 2.511 18 0,72
LUGO 11.122 42 0,38 11.484 87 0,76
GALICIA 110.443 1.146 1,05 126.006 1.132 0,91

Táboa: Paro rexistrado no mes de marzo de 2010 e variación con respecto a xaneiro de 2010 segundo sexo

No derradeiro mes o paro masculino no Pacto Territorial descendeu un 0,05%, o que se traduce en 1 home parado menos. Pola contra o paro feminino aumentou en 18 mulleres, é decir hai un 0,72% máis de paro feminino que fai un mes.

En Lugo e Galicia aumentaron tanto o paro masculino como o feminino no derradeiro mes. Nambolos dous casos os aumentos maiores correspondenlle a Galicia. E tamén hai que observar que tanto o paro masculino como o feminino aumentan en maior porcentaxe en Lugo e Galicia que no Pacto Territorial.

A distribución de parados segundo sexo é a seguinte:

Paro total (MARZO2010) Paro masculino % paro  masculino Paro feminino % paro feminino
PACTO 4.570 2.059 45,05 2.511 54,95
LUGO 22.606 11.122 49,20 11.484 50,80
GALICIA 236.449 110.443 46,71 126.006 53,29

Táboa: Distribución  da poboación parada segundo sexo a 31 de marzo de 2010

A distribución da poboación parada segundo sexo e idade é a seguinte:

Homes < 25 Mulleres < 25 Homes > 25 Mulleres >25
PACTO 6,32 5,40 38,73 49,54
LUGO 6,22 4,97 42,98 45,83
GALICIA 5,74 4,39 40,97 48,90

Táboa: Distribución da poboación parada por sexo e idade a 31 de marzo de 2010

A distribución dos parados segundo actividade produtiva é a seguinte:

AGRICULTURA

GANDERÍA

INDUSTRIA CONSTRUCIÓN SERVIZOS SEN EMPREGO

ANTERIOR

PACTO 3,59 10,15 16,96 58,93 10,37
LUGO 3,59 10,49 16,65 57,82 11,44
GALICIA 2,68 15,47 16,19 54,90 10,77

Táboa: Distribución da poboación parada por actividades económicas a 31 de marzo de 2010

VARIACIÓN DO PARO NOS DISTINTOS CONCELLOS DO PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DA MARIÑA

PARO TOTAL:. Son oito os concellos do Pacto Territorial nos que o paro total descendeu no derradeiro mes. O maior descenso porcentual correspondelle ao concello de Ourol, seguido de Trabada, O Vicedo, A Pontenova, Muras, Viveiro, Riotorto e Mondoñedo. Nos concellos de Lourenzá e O Valadouro non se rexistra variación do paro total no periodo considerado. E nos restantes concellos do Pacto o paro subiu. O maior aumento porcentual corresponde ao concello de Barreiros, e seguenlle en porcentaxe, Burela, Alfoz, Xove, Cervo, Foz e Ribadeo. Todos eles rexistran aumentos porcentuais maiores que o que rexistra o conxunto do Pacto. A variación interanual mostra catro concellos con descenso do paro (Muras, Lourenzá, Ourol e O Vicedo) e trece onde o paro aumentou. O maior aumento porcentual é para Burela. Os restantes concellos onde o paro aumentou ordeados de maior a menor aumento porcentual son: Riotorto, Cervo, Barreiros, Foz, Ribadeo, Xove, O Valadouro, Alfoz, Viveiro, Trabada, Mondoñedo e A Pontenova.

PARO MASCULINO: En oito dos concellos do Pacto Territorial o paro masculino descendeu no derradeiro mes. O concello de Ourol é o que rexistra o maior descenso porcentual. Seguenlle en porcentaxe de descenso O Vicedo, Muras, A Pontenova, Viveiro, Trabada, Xove e O Valadouro. En todos eles o descenso porcentual rexistrado é maior que o rexistrado para o global do Pacto. En tres dos concellos do Pacto o paro masculino non trocou no mes de marzo: Mondoñedo, Cervo e Riotorto. Nos concellos restantes rexistrase un aumento dos homes parados. Porcentualmente o maior aumento correspondelle ao concello de Barreiros, seguido de Burela, Lourenzá, Ribadeo, Alfoz e Foz. A variación interanual mostra dous concellos con descenso do paro masculino, un no que non variou e catorce con aumento. Os concellos con un descenso do paro masculino son Muras e Alfoz. E O Valadouro é o concello que rexistra unha variación nula. O concello no que mais aumentou o paro masculino no derradeiro ano foi Riotorto. Seguenlle Xove, Burela, Trabada, Foz, Barreiros, Cervo e Ribadeo (que aumentan por enriba da media do Pacto). E A Pontenova, Viveiro, Mondoñedo, Ourol, O Vicedo e Lourenzá (que aumentan por debaixo da media do Pacto)

PARO FEMININO: O paro feminino descendeu en nove dos dezasete concellos do Pacto. O maior descenso porcentual é o que se rexistra no concello de Ourol. Seguido dos concellos de Trabada, Riotorto, Lourenzá, Mondoñedo, O Vicedo, A Pontenova, Viveiro e Ribadeo. Nos concellos de Barreiros e Muras a variación intermensual do paro feminino é nula. E nos concellos restantes aumentaron o número de mulleres paradas rexistradas. O maior aumento porcentual correspondelle ao concello de Xove. Seguenlle en porcentaxe de aumento Alfoz, Burela, Cervo, Foz e O Valadouro. Analizando o comportamento interanual do paro feminino hai sete concellos nos que o paro descendeu e dez nos que o paro feminino aumentou. Os concellos con descenso do paro feminino son Muras, Trabada, Lourenzá, Ourol, O Vicedo, A Pontenova e Mondoñedo. Os concellos con aumento do paro feminino nos derradeiros doce meses son Cervo, Alfoz, Burela, O Valadouro, Riotorto, Ribadeo, Foz, Viveiro, Barreiros e Xove.

Concellos nos que o paro total descendeu máis que a media do Pacto
Concellos nos que o paro total descendeu menos que a media do Pacto Territorial
Concellos nos que o paro total aumentou

Mapa: Distribución dos concellos do Pacto en función da súa variación porcentual do paro total no derradeiro mes

TABOAS RESUMO

ÁMBITO TERRITORIAL HOMES MULLERES
TOTAL TOTAL HOMES <25 >25 TOTAL MULLERES <25 >25
XANEIR0 2010
PACTO 4.577 2.077 291 1.786 2.500 251 2.249
LUGO 22.416 11.039 1.379 9.660 11.377 1.069 10.308
GALICIA 231.628 107.613 13.070 94.543 124.015 9.867 114.148
FEBREIRO 2010
PACTO 4.553 2.060 276 1.784 2.493 244 2.249
LUGO 22.477 11.080 1.377 9.703 11.397 1.073 10.324
GALICIA 234.171 109.297 13.424 95.873 124.874 10.172 114.702
MARZO 2010
PACTO 4.570 2.059 289 1.770 2.511 247 2.264
LUGO 22.606 11.122 1.407 9.715 11.484 1.124 10.360
GALICIA 236.449 110.443 13.574 96.869 126.006 10.383 115.623

ÁMBITO TERRITORIAL TOTAL AGRICULTURA/PESCA INDUSTRIA CONSTRUCIÓN SERVIZOS SEN EMPREGOANTERIOR
XANEIR0 2010
PACTO 4.577 178 488 765 2.694 452
LUGO 22.416 842 2.377 3.750 13.050 2.397
GALICIA 231.628 6.504 35.662 37.571 128.150 23.741
FEBREIRO 2010
PACTO 4.553 168 477 754 2.686 468
LUGO 22.477 820 2.385 3.750 13.019 2.503
GALICIA 234.171 6.450 36.073 37.853 129.358 24.437
MARZO 2010
PACTO 4.570 164 464 775 2.693 474
LUGO 22.606 812 2.372 3.765 13.071 2.586
GALICIA 236.449 6.329 36.573 38.281 129.799 25.467
Exit mobile version