Site icon Crónica3.com A Mariña

Nova actividade do proxecto “encontros” en Xove

XOVE .- A primeira foran “tarefas do rural”, onde as/os rapaces aprenderon a facer cousas tradicionais da aldea. Esta segunda actividade, denominada “normas de boa educación, civismo e urbanidade”, desenvolveuse onte, 28 de abril, dende ás 16:30 ás 18:30 horas, no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove, contando coa asistencia de 9 rapaces/as do IES Illa de Sarón e 3 persoas maiores, xunto con persoal técnico do Concello e a Concelleira Ana Abad.

A actividade consistiu no seguinte:

-Os rapaces/as recibiron información sobre o que “é o civismo”, “normas de urbanidade”, “normas de educación básica”, “hábitos alimenticios e hixiénicos”, “colocación de cubertos na mesa”, “comportamento na mesa á hora de comer”, etc.

A organización desta actividade corre a cargo da Unidade de Educación Familiar e o Departamento de Igualdade do Concello, ambos pertencentes aos Servizos Sociais Municipais. Cóntase tamén, o mesmo que en anteriores “encontros”, coa colaboración do IES Illa de Sarón.

Exit mobile version