Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG asegura que o convenio para legalizar as urbanización non resolve o problema urbanístico de Barreiros

NOTA DE PRENSA (FNC)

O BNG ASEGURA QUE O CONVENIO PARA A LEGALIZACIÓN DAS URBANIZACIÓNS NON RESOLVE O PROBLEMA URBANÍSTICO DE BARREIROS. PARA OS NACIONALISTAS ESTE CONVENIO TAN SÓ LLES ARRANXA A SITUACIÓN AOS PROMOTORES, MENTRAS DEIXA COLGADOS AOS PEQUENOS PROPIETARIOS E AOS VECIÑOS DE BARREIROS.

Barreiros, 7 de abril de 2010. O BNG asegura que o convenio para a legalización de grandes urbanizacións en Barreiros só lles resolve a situación aos promotores, mentras que deixa colgados aos pequenos propietarios e aos veciños deste concello.

Desde Bloque Nacionalista Galego manifestan que “dito convenio se esquence totalmente o problema das licenzas de segregacións anuladas (casualmente, tamén 44, coincidindo co número de licenzas para urbanizacións recurridas, ainda que non teña nada que ver unha cousa con otra)”. Os nacionalistas afirman que “resulta curioso que ningúen fale do problema dos pequenos propietarios, veciños de Barreiros de toda a vida que decidiron segregar unha parcela da súa propiedade para poder construir unha vivenda unifamiliar. Pois todos eses veciños que tiñan licenza concedida pola xunta de goberno do concello de Barreiros (sen informes en contra) entre o 10 de febreiro de 2005 e o 3 de maio de 2006, atópanse agora con graves problemas a nivel legal, xa que en moitas parcelas segregadas xa se construiron vivendas unifamiliares, en moitos casos por parte de terceiras persoas, co cal os problemas son máis, sobre todo a nivel de rexistro ou de posibles ventas”.

Os responsables do BNG consideran que “o tan nomeado Convenio que pretende amparar legalmente as grandes urbanizacións sobre as que se presentaron contenciosos, non resolve o problema urbanístico de Barreiros, resolve só o problema de catro”. Aos grandes promotores arréglaselles o problema, e aos pequenos propietarios e veciños de Barreiros déixanos colgados. Esas sí que son dúas varas de medir. Agora por fin xa se sabe donde está cada quen. Os pequenos propietarios e veciños de Barreiros sí que poden decir que se sinten perseguidos, e podíamos dicir que tamén abandonados polo seu alcalde”.

O BNG de Barreiros lémbralle “ás institucións e aos partidos políticos que tan decididamenteavalan este convenio (uns mais decididamente ca outros) que repasen polo miudo o seu contido a ver se nalgunha das cláusulas ou estipulacións figuran os pequenos propietarios de Barreiros que ven o seu futuro con moitos mais problemas, pois en moitos casos agora ven hipotecada a inversión dos seus aforros na construcción dunha vivenda unifamiliar, ou paralizada a venda dunha pequena parcela”.

Para o Bloque Nacionalista Galego sería bó que “se analizase o convenio neste sentido, pois todas as institucións e organizacións políticas deben falar claro e sen demagoxia. O BNG xa o está a facer, outros ou é que se atopan cómodos no discurso da demagoxia ou non queren explicar á cidadanía a letra pequena deste convenio”.

Exit mobile version