Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Cervo ve idóneo para gardería municipal o centro de infantil existente no Rivera Casas

Nota de Prensa

PARA O BNG O CENTRO DE INFANTIL EXISTENTE NO RIVERA CASAS SERÍA O LUGAR IDÓNEO PARA ALBERGAR UNHA GARDERÍA MUNICIPAL

Hai asociacións do concello que veñen reclamando dende fai tempo o uso dos locais da Casa do Mar para as súas actividades

Demoler os locais do que foi o centro de infantil do Rivera Casás como pretende o PP e desaproveitar os recursos existentes

Cervo, 13 de abril de 2010. O BNG non comparte a intención do goberno local de trasladar aos baixos da Casa do Mar de San Cibrao o servizo do Punto de Atención Infantil, na actualidade situado en baixos das vivendas sociais da Atalaia. Para os nacionalistas o anuncio do goberno local demostra falla de planificación e desaproveitamento dos recursos existentes nunha política absurda e desorientada que da as costas aos intereses dos veciños e veciñas.

O que foi centro de infantil do Rivera Casas conta con 600 m2 de superficie e zonas de xogo ao aire libre

Os nacionalistas cervenses non comparten a intención anunciada polo goberno local de negociar a cesión dos locais existentes nos baixos da Casa do Mar para trasladar as instalacións do PAI dende os baixos das vivendas sociais da Atalaia á Casa do Mar. O BNG que sempre criticou por escasos e inadecuados os locais que actualmente ocupa o PAI, considera positivo que agora o goberno local comparta esta opinión, mais entende que o mellor lugar para esta instalación sería a edificación anexa ao Rivera Casas e os seus terreos exteriores por estar perfectamente adaptado e ter superficie tanto interior como exterior mais que suficiente para as necesidades que se precisan. “O portavoz municipal nacionalista, Xoán Estúa, manifestou que demoler esa instalación como pretende o goberno local despois da súa desafectación, e desaproveitar un recurso que xa existe e non precisa modificacións, nunha actitude “despilfarradora”e  impropia dun goberno cabal e razoábel”. “Para Estúa, o PP no canto de aproveitar esas instalacións e xestionar con eficacia o diñeiro público, dedícase a improvisar e a malgastar os recursos públicos con Villares actuando como capataz dunha brigada de demolición”.

O alcalde sabe que hai asociacións do concello que levan tempo reclamando o uso dos locais dos baixos da Casa do Mar e esta e a súa resposta a esas peticións.

Para o BNG non e serio que o alcalde despois de comprometerse a apoiar a cesión de locais dos baixos da Casa do Mar a asociacións que así as solicitaron, agora diga que está xestionando cos seus titulares da Seguridade Social o seu uso para outros fins, “unha vez mais o Sr. Villares demostra falta de seriedade ao  responder con este anuncio para saír do paso”. “Estúa lembrou que o anterior goberno galego fixo unha cesión de uso dalgún deses locais a Preescolar na Casa que o goberno local se negou a cumprir e posteriormente houbo outras asociacións que fixeron a mesma solicitude no concello á que se contestou que se estudaría e xa a teñen aquí”

En Cervo o PAI segue sendo de balde polo apoio dunha área de goberno nacionalista da Deputación que triplicou a axuda prestada pola Xunta

Estúa lembrou que goberno local aprobou unha taxa para o servizo do PAI en 2008 que posteriormente tivo que retirar xa que a Área de Benestar Social da Deputación xestionada polo BNG aprobou axudas que financiaban case a totalidade do servizo, na actualidade e grazas á mesma axuda concedida para o curso 2009-2010 por importe de 35.421,08 euros, mais de tres veces superior ao aportado pola Consellaría de Traballo e Benestar Social da Xunta que so aportou 11.835,73 euros, 2.000 menos que o concedido o ano anterior con un goberno nacionalista na Xunta de Galiza.

Exit mobile version