Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Foz felicítase pola apertura da galescola

NOTA DE PRENSA:

O BNG DE FOZ FELICITASE POLA APERTURA DA GALESCOLA

“Os veciños de Foz deben valorar a aposta polos servizos públicos dos seus representantes políticos” afirma Basanta

Foz, 17 de abril de 2010.- O BNG felicitase e felicita a todos os veciños de Foz por conseguir por fin a apertura da Galescola, despois de que dita apertura se pospuxera máis de seis meses. Sen ánimo de apropiarse da posta en marcha deste importante servizo para Foz e para as familias de Foz, o BNG quere expresar que este é un logro de todos (Xunta, Concello e veciños) e que todos debemos valorar como moi positivo.

O proxecto de dotación de servizos sociais, a través do Consorcio, é unha iniciativa que non pode deixarse de lado ou pretender que ditos servizos acaben en maos privadas como está a facer o PP na Xunta seguindo o modelo de Esperanza Aguirre.

Para Foz, o Consorcio tiña dous grandes proxectos para esta lexislatura: un era a Galescola e o outro a Residencia-Centro de Día. O primeiro acaba de materializarse pero o BNG vai a facer todo o posible por conseguir tamén o segundo porque este era o compromiso que estaba xa moi avanzado posto que o Concello xa puxo a disposición da Xunta os terreos que lle solicitaba. Agora debe de ser a Xunta quen ten que dar o paso, incluíndo esta obra nos orzamentos do ano que vén.

Porque Foz é o único concello da Mariña importante que non ten uns servizos sociais básicos (PAC, Centro de Día, pisos tutelados,…) acorde co súa importancia. Esta deficiencia de servizos en Foz –por uns gobernos municipais e autonómicos insensibles a ditas carencias- ten que cambiar e o BNG, que puxo no seu momento a primeira pedra, vai a estar atento da súa execución.

Xan Carlos González Basanta

Portavoz municipal do BNG

Exit mobile version