Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG pregunta no Parlamento pola perda de emprego no sector pesqueiro da Mariña

NOTA DE PRENSA:
O BNG INTERESASE NO PARLAMENTO POLA PERDA DE EMPREGO NO SECTOR PESQUEIRO MARIÑAO

A liña política do actual goberno galego está dirixida ao desmantelamento do sector e non ao seu apoio e mantemento

Dende a chegada do PP á Xunta destruíronse doce buques e perdéronse 170 postos de traballo directos en Burela e Celeiro

A Mariña, 13 de abril de 2010. Os parlamentar4s nacionalistas Bieito Lobeira e Fernando Blanco rexistraron unha iniciativa no Parlamento dirixida a coñecer as intención da Xunta de Galiza en relación ao sector pesqueiro mariñao que non sexa a utilización de recursos públicos dirixidos unicamente ao desmantelamento do sector. Os parlamentares nacionalistas explican na súa iniciativa que dende a chegada do Partido Popular ao goberno galego os maiores investimentos están dirixidos ao despece da flota pesqueira, así no caso de Burela a Consellaría de Pesca investiu 8.241.068 euros na destrución de 11 buques que supuxeron a perda de 160 postos de traballo e no caso do porto de Celeiro a mesma Consellaría investiu 1.098.796 euros para o despece dun buque do gran sol que supuxo a perda de 10 postos de traballo.

Os nacionalistas lembran que os datos de perda de emprego son directos, que se multiplicarían por catro ou cinco de contabilizar os indirectos de comercialización, procesado, transformación, etc.

Resulta insólito, lembran Lobeira e Blanco, que o papel do goberno galego, sexa non o de reclamar dereitos de pesca e futuro para o sector, senón o de investir precisamente no contrario, no seu desmantelamento.

Exit mobile version