Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG pide que os pagos directos á agricultura e gandería de non sexan discriminatorias pola súa situación xeográfica

Nota de Prensa

Iniciativa nacionalista no Congreso sobre o chequeo médico da PAC no sector lácteo

O BNG ISNTA AO GOBERNO DO ESTADO A MODIFICAR OS CRITERIOS DE APLICACIÓN DOS PAGOS DIRECTOS A AGRICULTURA E GANDEIRIÍA DE XEITO QUE AS AXUDAS AO SECTOR LÁCTEO NON SEXAN DISCRIMINATRIOAS POLA SÚA UBICACIÓN XEOGRÁFICA

Olaia Fernández Davila insta a habilitar un verdadeiro fondo lácteo de caracter extraordinario para mellorar a viabilidade do sector e preparalo para un horizonte sen cotas

A Mariña, 23 de abril de 2010. O BNG por medio da súa parlamentar Olaia Fernández Davila presentou unha Proposición Non de Lei no Congreso dos Deputados instando ao Goberno do Estado a que modifique os criterios de aplicación especificados nos Ar. 90 e seguintes do Real Decreto 66/2010 sobre aplicación nos anos 2010 e 2011 dos pagos directos á agricultura e gandería de xeito que estas non sexan discriminatorias pola súa situación xeográfica.

En concreto, a nacionalista refírese aos prexuízos para o sector lácteo galego da aplicación deste decreto xa que as axudas vanse limitar a zonas de montaña e outras áreas desfavorecidas, mais non teñen en conta importantes zonas e comarcas de producción leiteira de Galiza como e o caso do Xallas, A Costa da Morte, Barbanza, Muros-Noia, Santiago ou A Mariña.

Davila ademais expón que o Ministerio de Medioa Ambiente, Medio Rural e Mariño, non atendeu as peticións do sector lácteo galego que reclamaba na aplicación do chequeo médico da PAC no Estado Español un fondo lácteo cunha contía de 144 millóns de euros ao ano, destinado a mellorar a viabilidade das explotacións e preparar ao sector lácteo para un horizonte sen cotas.

Exit mobile version