Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG presentou unha pregunta no Parlamento sobre o peche dos comedores escolares

NOTA DE PRENSA:
O BNG PRESENTOU UNHA PREGUNTA NO PARLAMENTO SOBRE O PECHE DOS COMEDORES ESCOLARES

O parlamentario por Lugo, Fernando Blanco, levou á mesa do parlamento galego esta cuestión para clarificar cales van a ser as medidas exactas que o goberno do PP vai a tomar contra os servizos que reciben os escolares

Lugo, 10 de abril de 2010. O BNG de Lugo, a través do seu parlamentario, Fernando Blanco, presentou unha pregunta á mesa do parlamento para clarificar as intencións do goberno do PP sobre os comedores dos colexos. Esta é unha das iniciativas que o BNG vai a impulsar para deter esta nova tentativa do goberno galego de privatización dun servizo público. Ademais da pregunta presentado no parlamento o BNG vai presentar mocións nos concellos da comarca con colexios afectados polo peche do comedor. Ademais de tratar de clarificar, a través da pregunta parlamentaria, cales son as intencións reais do conselleiro de educación que, segundo Fernando Blanco, “cambian en función das circunstancias e das presións que reciben non se sabe moi cara onde” o BNG reclama que a Xunta de Galiza, e nomeadamente a Consellaría de Educación, manteña os servizos de comedor como até o de agora. O BNG levará, tamén, mocións aos concellos con colexios afectados para que a Consellaría de Educación rectifique e non obrigue a pechar os comedores escolares destes centros.

A pesares de que a Consellaría de Educación recuou, unha vez máis, nas súas intencións iniciais tras a xuntanza de onte cos sindicatos para o BNG non se pode permitir que se eliminen servizos que xa non só constitúen dereitos básicos, senón que resultan imprescindíbeis para moitos nenos e nenas de colexios do rural. “Non se trata dunha cuestión cuantitativa se non cualitativa”, así se refería Fernando Blanco ao feito de que sexan 3 ou 8 os centros afectados nesta provincia “ao BNG preocupalle a situación de todos e cada un dos escolares afectados por esta medida, independentemente do seu número”.

Exit mobile version